[Tradutores-Ubuntu] Tradución de Karmic

Marcos García marcosgdf at gmail.com
Sun Sep 27 18:44:55 BST 2009


Non sei porqué dis que se perde tempo en temas sen importancia, básicamente
porque poucas veces se fala de nada, así que non é que se perda tempo,
simplemente desvíase un pouco do tema principal.
Saúdos

2009/9/27 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>

> Ola a todos,
>
> coido que é o meu primeiro envío a esta rolda máis penso que todos me
> coñecedes. Son tradutor de GNOME ao galego (en breve o único), alén de
> outros proxectos, polo que non son un recén chegado nin teño pouca
> experiencia na tradución de software ceibe.
>
> En fin que estamos a piques de ver a nova versión kármica de Ubunto e vexo
> que non hai moito movimento de coordenación nesta rolda e moito menos
> traducido nos novos engadidos nesta versión. En concreto e máis salientábel
> son o "Software Store" e o "Ubiquity Slideshow".
> Este último resulta moi paradóxico que non fora traducido anteriormente
> porque é certamente a primeira porta que se atopa un usuario novo ao chegar
> ao "LiveCD" de Ubunto e tenta instalalo na sua equipa.
>
> Este slideshow xa o teño traducido completamente e o seguinte asalto sería
> o
> Software Store, para chegar á data da liberación de Karmic en boas
> condicións. Espero nos vindeiros días ter algún comentario e suxestión de
> aplicativos por traducir. En principio bastaría con informar de seccións
> sen
> traducir na Karmic. Para os que teñan máis medo que empreguen unha máquina
> virtual (p.ex. VirtualBox) coa última live-cd de Ubuntu Karmic alfa-6
> http://cdimage.ubuntu.com/releases/karmic/alpha-6/ .
>
> Pouco histórico desta rolda vin así que non podo xulgar, pero coido que se
> perde moito tempo falando de temas sen importancia (ex. os comentarios
> relacionados coa presentación de* Golfinho-Gz*) . Aquí o importante é
> traducir o máis e mellor posíbel a contorna de Ubunto ao galego. Por favor
> non tomedes este comentario coma un ataque a todos vós, só como unha
> crítica
> construtiva.
>
> Saúdos a tod at s
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
marcos garcía // marquitox (.net)


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list