[Tradutores-Ubuntu] Recomendacións de novo esquema de traballo

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Tue Oct 27 12:11:36 GMT 2009


>>>> Témome que corremos o risco de dispersarnos moito e Trasno necesita un
>>>> lavado de cara e fondos total. Por que non facer que unha SECCIÓN (así
>>>> grandota e moi singular) do web de Trasno sexa www.ubuntuengalego.org.
>>>> Vamos, que cheguemos a ela tanto con trasno.net/ubuntu como ao revés
>>>> "Trasno sostén o portal ubuntuengalego.org". Vamos, que o GTT é un
>>>> proxecto, coa súa personalidade, pero apoiado por Trasno e compartir
>>>> recursos... (non seriamos os primeiros, creo un dos grupos de español
>>>> está sostido por unha asociación.
>>
>> Eu véxoo no que respecta á tradución de Ubuntu ao galego, é dicir,
>> paréceme perfecto que www.ubuntuengalego.org/traducir e
>> trasno.net/ubuntu, apunten ao mesmo sitio.
>>
>> Non obstante, creo que o LoCo en si non debería estar ligado tan
>> estreitamente a Trasno (para facelo neutral e para que outros
>> grupos/asociacións se unan).
>
> Concordo claro, isto é o que eu pretendo, que os recursos humanos de
> localización non se perdan. Efectivamente o LoCo ten outros
> obxectivos, apoio, trucos, etc que deben ter unha comunidade
> diferente.

Concordo. Sería interesante que os tradutores de GTT teñan contacto
cos demais tradutores ao galego de SL, e sobre todo con Trasno (por
estar boa parte deles). Entendo que o LOCO Team ten outros fins
diferentes á tradución, aínda que se non entendín mal apoian a
tradución.

Ata logo,
                        Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list