[Tradutores-Ubuntu] tradución de grep
José Manuel Castroagudín Silva
chavescesures at gmail.com
Sun Oct 25 22:07:56 GMT 2009
Boas,
só era para comentar unha cousa: hai que ir con moito coidado á hora
de traducir certas cousas. Sobre todo, programiñas en consola clásicos
(neste caso o grep, pero isto aplica para moitos outros).
O tema é que hai milleiros de scripts polo mundo adiante que fan uso
destes programas. E alterar as traducións pode levar a que fallen e de
repente haxa moreas de persoas acordándose de nos...
Ben, este rollo era unha nota "colateral". Atopei que se cambiou
"Arquivo binario %s aparicións" por "%s coincidencias do arquivo
binario".
Neste caso, ambas traducións son bastante "asín". O que o programa
está a dicir é que "atopouse unha coincidencia no ficheiro binario
%s", ou que "o ficheiro binario %s coincide" ("binary file %s
matches", máis literalmente.
A tradución orixinal, de Jacobo, tiña a vantaxe de que tanto en galego
como en inglés, o "%s" era a terceira palabra da frase, co cal un
script que tiña feito eu (e que foi o que me fixo darme conta deste
asunto :-p ) funcionaba tanto en inglés como en galego.
Propoño cambiar esta frase por algo como:
"Atopáronse coincidencias no ficheiro binario %s"
Parece ben? Se atopades unha frase "con sentido" e que ademais teña a
cualidade de que o %s quede igualmente na 3ª posición, sería
estupendo, jejeje.
Veña, saudiños, xente. E, xa que estou, botareille un ollo a todo grep
a ver que atopo.
--
Saúde,
Chaves - http://chav.es
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list