[Tradutores-Ubuntu] tradución de grep
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Sun Oct 25 22:13:51 GMT 2009
-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1
Tes moitísima razón JMCS.
Eu recoméndoche que para os scripts críticos, como eu fago, insiras ao
principio do mesmo "export LANGUAGE="C"" así empregarás a linguaxe do
código fonte que non vai cambiar. Isto non quita que hai que ter tino da
tradución destas ferramentas de liña de ordes.
Saúdos.
José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> Boas,
>
> só era para comentar unha cousa: hai que ir con moito coidado á hora
> de traducir certas cousas. Sobre todo, programiñas en consola clásicos
> (neste caso o grep, pero isto aplica para moitos outros).
>
> O tema é que hai milleiros de scripts polo mundo adiante que fan uso
> destes programas. E alterar as traducións pode levar a que fallen e de
> repente haxa moreas de persoas acordándose de nos...
>
> Ben, este rollo era unha nota "colateral". Atopei que se cambiou
> "Arquivo binario %s aparicións" por "%s coincidencias do arquivo
> binario".
>
> Neste caso, ambas traducións son bastante "asín". O que o programa
> está a dicir é que "atopouse unha coincidencia no ficheiro binario
> %s", ou que "o ficheiro binario %s coincide" ("binary file %s
> matches", máis literalmente.
>
> A tradución orixinal, de Jacobo, tiña a vantaxe de que tanto en galego
> como en inglés, o "%s" era a terceira palabra da frase, co cal un
> script que tiña feito eu (e que foi o que me fixo darme conta deste
> asunto :-p ) funcionaba tanto en inglés como en galego.
>
> Propoño cambiar esta frase por algo como:
>
> "Atopáronse coincidencias no ficheiro binario %s"
>
> Parece ben? Se atopades unha frase "con sentido" e que ademais teña a
> cualidade de que o %s quede igualmente na 3ª posición, sería
> estupendo, jejeje.
>
> Veña, saudiños, xente. E, xa que estou, botareille un ollo a todo grep
> a ver que atopo.
>
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
iEYEARECAAYFAkrkzZ8ACgkQmLtmJqKk+biYvACfQiq6K5MDLUVbDyv4s+5FY2Ys
0w8An1Ap54L1MtcyShOhFCzZbe8Uthyl
=l8Dw
-----END PGP SIGNATURE-----
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list