[Tradutores-Ubuntu] Recomendacións de novo esquema de traballo
Antón Méixome
certima at certima.net
Tue Oct 27 10:30:12 GMT 2009
2009/10/27 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>:
> Antón Méixome wrote:
>> 2009/10/27 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>:
>>
>>
>> > Témome que corremos o risco de dispersarnos moito e Trasno necesita un
>> > lavado de cara e fondos total. Por que non facer que unha SECCIÓN (así
>> > grandota e moi singular) do web de Trasno sexa www.ubuntuengalego.org.
>> > Vamos, que cheguemos a ela tanto con trasno.net/ubuntu como ao revés
>> > "Trasno sostén o portal ubuntuengalego.org". Vamos, que o GTT é un
>> > proxecto, coa súa personalidade, pero apoiado por Trasno e compartir
>> > recursos... (non seriamos os primeiros, creo un dos grupos de español
>> > está sostido por unha asociación.
Concordo claro, isto é o que eu pretendo, que os recursos humanos de
localización non se perdan. Efectivamente o LoCo ten outros
obxectivos, apoio, trucos, etc que deben ter unha comunidade
diferente.
>
> Eu véxoo no que respecta á tradución de Ubuntu ao galego, é dicir,
> paréceme perfecto que www.ubuntuengalego.org/traducir e
> trasno.net/ubuntu, apunten ao mesmo sitio.
>
> Non obstante, creo que o LoCo en si non debería estar ligado tan
> estreitamente a Trasno (para facelo neutral e para que outros
> grupos/asociacións se unan).
>
> Saúdos.
> Felipe.
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list