[Tradutores-Ubuntu] Recomendacións de novo esquema de traballo
Antón Méixome
certima at certima.net
Sun Oct 25 23:03:02 GMT 2009
Quen puider/se
Concordo co diagnóstico dos problemas ao 100%. Moito me temo que nos
queda de todo innaccesíbel o nivel de organización catalán. Baséase no
reparto do traballo e na adxudicación de responsabilidades por
paquete... aquí estamso a facer traducións intermitentes e corrección
transversal.
Pero opino que non é realista intentar montar algo semellante polos
seguintes motivos
- o número de tradutores asiduos en Rosetta, e atentos aos períodos e
modos de traballo eficaz e coordinado é moi pequeno
- o tradutor de Rosetta non "pasa" pola lista e non hai maneira de
impedir que faga o traballo que lle dea a gana e lugar do que se
necesita.
- a determinación das prioridades e a documentación no wiki é tamén un
traballo bastante groso, que supoño que hai que facer á man e estar
pendente case a diario.
- o fluxo de traballo catalán no que se preocupan tanto de tradución
en Launchpad como de integración das traducións nos proxectos
orixinais, é complexo (eles mesmos o recoñecen). No noso caso só está
ao alcance de contadísimos tradutores.
- non falemos xa de cantos membros temos con capacidade para
relacionarse no ámbito dos desenvolvedores e dos equipos de Ubuntu
para o seguimento de erros e incidencias.
- Launchpad é a porta de entrada máis accesíbel dos tradutores
novatos. Hai que asumilo pero intentar conducilos a traducir nos
proxectos base, que é onde realmente se aprende a traducir ben.
Podemos facer qué para mellorar?
- Podemos tomarnos un pouco máis en serio o tema de pertencer ao GTT
(Galician Trasnlation Team) e polo menos os que pasan a ser membros
deben ser conscientes e asumir un sistema de traballo organizado
- Pódese redactar e poñer nun wiki os aspectos básicos de procedemento
- Pódese facer unha lista cos "erros frecuentes" ou que non seguen o
estilo escollido ou os usos terminolóxicos preferentes
- Pódese crear un subequipo de revisión de traducións (só ese equipo
revisaría, dentro do GTT outras traducións)
- Pódese crear un subequipo de seguimento de erros e incidencias
- Pódese crear a figura do "titor" de novatos
A próxima Ubuntu será unha LTS. Creo que paga a pena organizalo con
tempo a ver se conseguimos ser máis eficientes coa forza de traballo
que hai e que non prevexo que vaia aumentar.
2009/10/25 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> 2009/10/25 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
>
>> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
>> Hash: SHA1
>>
>> Ola a todos,
>>
>> Agardo Felipe vexa isto e resposte.
>>
>> Veño de mirar como teñen as distintas comunidades de localización de
>> ubuntu organizado o traballo e chego á conclusión de que compre ter un
>> modelo semellante ao catalán:
>>
>> Por un lado o LocoTeam: https://wiki.ubuntu.com/CatalanTeam
>> Por outro lado a distribución de traballo toda documentada:
>> https://wiki.ubuntu.com/UbuntuCatalanTranslators/Llistat
>>
>> Ata o de agora estivemos traducindo "ás cegas" e temos que asumir un
>> papel máis activo dentro da comunidade global de ubuntu e ordenar un
>> pouco o traballo. Sei que non son nin coordinador en Ubuntu nin o tento
>> asumir o posto, mais coido que para o ben do grupo debemos coordinarnos
>> mellor.
>>
>> Estes días que tiven de experiencia "pelexándome" con developers e
>> membros de outras comunidades servíronme de moita axuda sobre como
>> funciona internamente Ubuntu. E en conxunto me está gustando moito o
>> nivel de gratitude que teñen coa xente que está disposta a colaborar
>> (cousa moi rara vela en soft ceibe, o normal é topar un developer rosmón
>> e pouco sociábel). O punto de inflexión foi cando me aceptaron un parche
>> que fixen para solucionar un problema no paquete ibus. Levo anos (si!
>> anos) tentando que me acepten un parche en Debian e aínda hoxe estou
>> esperando. En Ubuntu envieille o parche e en 20 minutos estaba no
>> repositorio!
>>
>> Digo isto porque teño contacto con dpm, traballador de Canonical no
>> posto de Ubuntu Translations Coordinator e tamén tradutor ao catalán de
>> Gnome e ubuntu e logo indaguei un pouco como teñen montado todo e me
>> parece asombroso.
>>
>
> Concordo con Fran en que seria bo artellarnos un pouco mellor, xa que,
> ademáis, esto dias que estiben a corrixir (por orde da listaxe) atopeime con
> incoherencias/inconsistencias do tipo...
>
> primeiro tradutor, emprega "fiestra" chega outro e emprega "xanela"
> un tradutor emprega "por defecto" outro "por defeito", outro "por omisión"
> vai un e emprega "comando" e o seguinte "orde"
> e iso todo dentro do mesmo aplicativo, o que me leva a pensar que se debería
> tomar como norma:
> a) analisase o traballo feito e se emprega o mesmo
> b) analisase o documento e se unifica todo coa nosa escolla
> eu o que fixen a hora de corrixir e ver cal era o termo máis usado en cada
> aplicativo e unificar todo dentro del
>
> e así algunha cousa máis que sería bo que puideramos falalo, ven nunha
> xuntanza virtual ou nunha xuntanza cerveceira :)
>
>
>> Saúdos
>>
>> - --
>> Fran Diéguez
>> http://www.mabishu.com - listas at mabishu.com
>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>>
>>
>> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
>> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
>> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>>
>> iEYEARECAAYFAkrkbJ0ACgkQmLtmJqKk+bg4wwCcCwdAqgjGsK5J78cWC6ShpHFI
>> DswAoIzI5kAJTp58gU5CIW+D5z6/kXuB
>> =JYpj
>> -----END PGP SIGNATURE-----
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_minino at conf.jabberes.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list