[Tradutores-Ubuntu] Recomendacións de novo esquema de traballo

Felipe Gil Castiñeira xil at uvigo.es
Mon Oct 26 16:35:14 GMT 2009


Boas!

Concordo totalmente con vós: o grupo catalán é un dos mellor montados
(hai que ter en conta que Carlos Perelló e Jordi Mallach, que son
membros do equipo de tradución ao catalán, estiveron ao cargo de
Launchpad desde o principio).

Por outro lado respecto á coordinación estiven agardando a resposta
afirmativa de Fran, que finalmente se produciu esta fin de semana, para
propoñer como "Consello do grupo de tradutores de Ubuntu ao galego" ao
seguinte equipo (orde alfabética):

    * Miguel Bouzada
    * Fran Diéguez
    * Antón Meixome
    * Eu mesmo (polo menos para botar unha man agora ao principio)

Se non hai ningunha outra proposta, este equipo pasaría a ter tódalas
funcións de coordinación dentro do "Grupo de tradutores de Ubuntu ao
galego".

Un saúdo!
    Felipe.



P.S.: Fran: non che puiden responder ata agora, porque me pillas en
pleno traslado de país. Nese sentido ata dentro de algo máis dunha
semana non sei cando/como poderei ler o correo.


Antón Méixome wrote:
> Quen puider/se
>
> Concordo co diagnóstico dos problemas ao 100%. Moito me temo que nos
> queda de todo innaccesíbel o nivel de organización catalán. Baséase no
> reparto do traballo e na adxudicación de responsabilidades por
> paquete... aquí estamso a facer traducións intermitentes e corrección
> transversal.
>
> Pero opino que non é realista intentar montar algo semellante polos
> seguintes motivos
>
> - o número de tradutores asiduos en Rosetta, e atentos aos períodos e
> modos de traballo eficaz e coordinado é moi pequeno
> - o tradutor de Rosetta non "pasa" pola lista e non hai maneira de
> impedir que faga o traballo que lle dea a gana e lugar do que se
> necesita.
> - a determinación das prioridades e a documentación no wiki é tamén un
> traballo bastante groso, que supoño que hai que facer á man e estar
> pendente case a diario.
> - o fluxo de traballo catalán no que se preocupan tanto de tradución
> en Launchpad como de integración das traducións nos proxectos
> orixinais, é complexo (eles mesmos o recoñecen). No noso caso só está
> ao alcance de contadísimos tradutores.
> - non falemos xa de cantos membros temos con capacidade para
> relacionarse no ámbito dos desenvolvedores e dos equipos de Ubuntu
> para o seguimento de erros e incidencias.
> - Launchpad é a porta de entrada máis accesíbel dos tradutores
> novatos. Hai que asumilo pero intentar conducilos a traducir nos
> proxectos base, que é onde realmente se aprende a traducir ben.
>
> Podemos facer qué para mellorar?
>
> - Podemos tomarnos un pouco máis en serio o tema de pertencer ao GTT
> (Galician Trasnlation Team) e polo menos os que pasan a ser membros
> deben ser conscientes e asumir un sistema de traballo organizado
> - Pódese redactar e poñer nun wiki os aspectos básicos de procedemento
> - Pódese facer unha lista cos "erros frecuentes" ou que non seguen o
> estilo escollido ou os usos terminolóxicos preferentes
> - Pódese crear un subequipo de revisión de traducións (só ese equipo
> revisaría, dentro do GTT outras traducións)
> - Pódese crear un subequipo de seguimento de erros e incidencias
> - Pódese crear a figura do "titor" de novatos
>
> A próxima Ubuntu será unha LTS. Creo que paga a pena organizalo con
> tempo  a ver se conseguimos ser máis eficientes coa forza de traballo
> que hai e que non prevexo que vaia aumentar.
>
>
>
>
> 2009/10/25 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>> 2009/10/25 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
>>
> Ola a todos,
>
> Agardo Felipe vexa isto e resposte.
>
> Veño de mirar como teñen as distintas comunidades de localización de
> ubuntu organizado o traballo e chego á conclusión de que compre ter un
> modelo semellante ao catalán:
>
> Por un lado o LocoTeam: https://wiki.ubuntu.com/CatalanTeam
> Por outro lado a distribución de traballo toda documentada:
> https://wiki.ubuntu.com/UbuntuCatalanTranslators/Llistat
>
> Ata o de agora estivemos traducindo "ás cegas" e temos que asumir un
> papel máis activo dentro da comunidade global de ubuntu e ordenar un
> pouco o traballo. Sei que non son nin coordinador en Ubuntu nin o tento
> asumir o posto, mais coido que para o ben do grupo debemos coordinarnos
> mellor.
>
> Estes días que tiven de experiencia "pelexándome" con developers e
> membros de outras comunidades servíronme de moita axuda sobre como
> funciona internamente Ubuntu. E en conxunto me está gustando moito o
> nivel de gratitude que teñen coa xente que está disposta a colaborar
> (cousa moi rara vela en soft ceibe, o normal é topar un developer rosmón
> e pouco sociábel). O punto de inflexión foi cando me aceptaron un parche
> que fixen para solucionar un problema no paquete ibus. Levo anos (si!
> anos) tentando que me acepten un parche en Debian e aínda hoxe estou
> esperando. En Ubuntu envieille o parche e en 20 minutos estaba no
> repositorio!
>
> Digo isto porque teño contacto con dpm, traballador de Canonical no
> posto de  Ubuntu Translations Coordinator e tamén tradutor ao catalán de
> Gnome e ubuntu e logo indaguei un pouco como teñen montado todo e me
> parece asombroso.
>
> >> Concordo con Fran en que seria bo artellarnos un pouco mellor, xa que,
> >> ademáis, esto dias que estiben a corrixir (por orde da listaxe)
> atopeime con
> >> incoherencias/inconsistencias do tipo...
> >>
> >> primeiro tradutor, emprega "fiestra" chega outro e emprega "xanela"
> >> un tradutor emprega "por defecto" outro "por defeito", outro "por
> omisión"
> >> vai un e emprega "comando" e o seguinte "orde"
> >> e iso todo dentro do mesmo aplicativo, o que me leva a pensar que
> se debería
> >> tomar como norma:
> >> a) analisase o traballo feito e se emprega o mesmo
> >> b) analisase o documento e se unifica todo coa nosa escolla
> >> eu o que fixen a hora de corrixir e ver cal era o termo máis usado
> en cada
> >> aplicativo e unificar todo dentro del
> >>
> >> e así algunha cousa máis que sería bo que puideramos falalo, ven nunha
> >> xuntanza virtual ou nunha xuntanza cerveceira :)
> >>
> >>
> Saúdos
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list