[Tradutores-Ubuntu] Recomendacións de novo esquema de traballo
Miguel Bouzada
mbouzada at gmail.com
Sun Oct 25 15:32:09 GMT 2009
2009/10/25 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> Ola a todos,
>
> Agardo Felipe vexa isto e resposte.
>
> Veño de mirar como teñen as distintas comunidades de localización de
> ubuntu organizado o traballo e chego á conclusión de que compre ter un
> modelo semellante ao catalán:
>
> Por un lado o LocoTeam: https://wiki.ubuntu.com/CatalanTeam
> Por outro lado a distribución de traballo toda documentada:
> https://wiki.ubuntu.com/UbuntuCatalanTranslators/Llistat
>
> Ata o de agora estivemos traducindo "ás cegas" e temos que asumir un
> papel máis activo dentro da comunidade global de ubuntu e ordenar un
> pouco o traballo. Sei que non son nin coordinador en Ubuntu nin o tento
> asumir o posto, mais coido que para o ben do grupo debemos coordinarnos
> mellor.
>
> Estes días que tiven de experiencia "pelexándome" con developers e
> membros de outras comunidades servíronme de moita axuda sobre como
> funciona internamente Ubuntu. E en conxunto me está gustando moito o
> nivel de gratitude que teñen coa xente que está disposta a colaborar
> (cousa moi rara vela en soft ceibe, o normal é topar un developer rosmón
> e pouco sociábel). O punto de inflexión foi cando me aceptaron un parche
> que fixen para solucionar un problema no paquete ibus. Levo anos (si!
> anos) tentando que me acepten un parche en Debian e aínda hoxe estou
> esperando. En Ubuntu envieille o parche e en 20 minutos estaba no
> repositorio!
>
> Digo isto porque teño contacto con dpm, traballador de Canonical no
> posto de Ubuntu Translations Coordinator e tamén tradutor ao catalán de
> Gnome e ubuntu e logo indaguei un pouco como teñen montado todo e me
> parece asombroso.
>
Concordo con Fran en que seria bo artellarnos un pouco mellor, xa que,
ademáis, esto dias que estiben a corrixir (por orde da listaxe) atopeime con
incoherencias/inconsistencias do tipo...
primeiro tradutor, emprega "fiestra" chega outro e emprega "xanela"
un tradutor emprega "por defecto" outro "por defeito", outro "por omisión"
vai un e emprega "comando" e o seguinte "orde"
e iso todo dentro do mesmo aplicativo, o que me leva a pensar que se debería
tomar como norma:
a) analisase o traballo feito e se emprega o mesmo
b) analisase o documento e se unifica todo coa nosa escolla
eu o que fixen a hora de corrixir e ver cal era o termo máis usado en cada
aplicativo e unificar todo dentro del
e así algunha cousa máis que sería bo que puideramos falalo, ven nunha
xuntanza virtual ou nunha xuntanza cerveceira :)
> Saúdos
>
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com - listas at mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
> iEYEARECAAYFAkrkbJ0ACgkQmLtmJqKk+bg4wwCcCwdAqgjGsK5J78cWC6ShpHFI
> DswAoIzI5kAJTp58gU5CIW+D5z6/kXuB
> =JYpj
> -----END PGP SIGNATURE-----
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
--
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino at conf.jabberes.org
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list