[Tradutores-Ubuntu] Recomendacións de novo esquema de traballo

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Sun Oct 25 15:19:58 GMT 2009


-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ola a todos,

Agardo Felipe vexa isto e resposte.

Veño de mirar como teñen as distintas comunidades de localización de
ubuntu organizado o traballo e chego á conclusión de que compre ter un
modelo semellante ao catalán:

Por un lado o LocoTeam: https://wiki.ubuntu.com/CatalanTeam
Por outro lado a distribución de traballo toda documentada:
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuCatalanTranslators/Llistat

Ata o de agora estivemos traducindo "ás cegas" e temos que asumir un
papel máis activo dentro da comunidade global de ubuntu e ordenar un
pouco o traballo. Sei que non son nin coordinador en Ubuntu nin o tento
asumir o posto, mais coido que para o ben do grupo debemos coordinarnos
mellor.

Estes días que tiven de experiencia "pelexándome" con developers e
membros de outras comunidades servíronme de moita axuda sobre como
funciona internamente Ubuntu. E en conxunto me está gustando moito o
nivel de gratitude que teñen coa xente que está disposta a colaborar
(cousa moi rara vela en soft ceibe, o normal é topar un developer rosmón
e pouco sociábel). O punto de inflexión foi cando me aceptaron un parche
que fixen para solucionar un problema no paquete ibus. Levo anos (si!
anos) tentando que me acepten un parche en Debian e aínda hoxe estou
esperando. En Ubuntu envieille o parche e en 20 minutos estaba no
repositorio!

Digo isto porque teño contacto con dpm, traballador de Canonical no
posto de  Ubuntu Translations Coordinator e tamén tradutor ao catalán de
Gnome e ubuntu e logo indaguei un pouco como teñen montado todo e me
parece asombroso.

Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrkbJ0ACgkQmLtmJqKk+bg4wwCcCwdAqgjGsK5J78cWC6ShpHFI
DswAoIzI5kAJTp58gU5CIW+D5z6/kXuB
=JYpj
-----END PGP SIGNATURE-----



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list