[Tradutores-Ubuntu] Detalles da Karmic que se cadra xa se trataron

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Thu Oct 22 21:38:04 BST 2009


2009/10/22 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesures at gmail.com>

> Boas, xente,
>
> Onte instalei unha Ubuntu karmic nunha máquina virtual, e vin unha
> serie de cousas que se cadra xa se falaron (son bastante evidentes),
> pero que non sei se poderiamos arranxar. Son, sen ningún tipo de orde
> aparente, as seguintes:
>
> - O menú de "Sistema" aparece sen iconas. Os outros dous téñenas, e
> ata os submenús de "Sistema" tamén. Entendo que non será cousa da
> tradución ao galego, pero nunca se sabe. Alguén sabe por que pasa
> isto?
>
> - Update-manager. Peta tras a primeira actualización que fixen.
> Aparentemente, parece que si que pode ter que ver coa tradución. [1]
> Neste link tedes detalles (despois funcionou, pero non sei se será bo
> deixalo pasar). Pasoulle a alguén máis?
> [1]: https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/update-manager/+bug/458448
>
> . OpenOffice.org... está en inglés. Non sei se me comentou Antón que
> había que instalar algunha cousa a maiores para poñelo en gl. Se tal,
> podiamos falar con alguén, para que inclúa eses paquetes a maiores
> como dependencia para algún langpack, ou algunha ñapa así (seguramente
> non se poida facer nada, ou ata pode que Antón nunca me comentara
> nada, e o soñara ou imaxinara. Ás veces pásame, jejeje)
>
> - No menú de Aplicativos aparece, dentro de Internet "Cliente de
> servidor de terminais"... Non sei se é bo que "Terminal Server" se
> traduza. Entendo que é unha marca comercial, ou cando menos, o nome
> dun programa/servizo/o que sexa, que igual se debería manter intacto.
>

Hai pouco que o revisei eu e quedou " Cliente de Terminal Server "

>
> - Non recordo se vin algo máis.
>
> Cachis, acabo de ver que Fran mandou un correo referente aos bugs. Se
> cadra podiamos ter xa pulidas estas cousas.
>
> Entendo que xa non van facer outra "exportación de traducións" antes
> da versión final, non? Ou si? estaría ben ter polo menos o incluído na
> instalación básica ben afinado...
>
> Como sempre, dicídeme se estou mexando fora do testo, vale?
>
> Ta loguiño,
>
> --
> Saúde,
>
> Chaves - http://chav.es
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino at conf.jabberes.org


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list