[Tradutores-Ubuntu] Detalles da Karmic que se cadra xa se trataron

José Manuel Castroagudín Silva chavescesures at gmail.com
Thu Oct 22 21:07:50 BST 2009


Boas, xente,

Onte instalei unha Ubuntu karmic nunha máquina virtual, e vin unha
serie de cousas que se cadra xa se falaron (son bastante evidentes),
pero que non sei se poderiamos arranxar. Son, sen ningún tipo de orde
aparente, as seguintes:

- O menú de "Sistema" aparece sen iconas. Os outros dous téñenas, e
ata os submenús de "Sistema" tamén. Entendo que non será cousa da
tradución ao galego, pero nunca se sabe. Alguén sabe por que pasa
isto?

- Update-manager. Peta tras a primeira actualización que fixen.
Aparentemente, parece que si que pode ter que ver coa tradución. [1]
Neste link tedes detalles (despois funcionou, pero non sei se será bo
deixalo pasar). Pasoulle a alguén máis?
[1]: https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/update-manager/+bug/458448

. OpenOffice.org... está en inglés. Non sei se me comentou Antón que
había que instalar algunha cousa a maiores para poñelo en gl. Se tal,
podiamos falar con alguén, para que inclúa eses paquetes a maiores
como dependencia para algún langpack, ou algunha ñapa así (seguramente
non se poida facer nada, ou ata pode que Antón nunca me comentara
nada, e o soñara ou imaxinara. Ás veces pásame, jejeje)

- No menú de Aplicativos aparece, dentro de Internet "Cliente de
servidor de terminais"... Non sei se é bo que "Terminal Server" se
traduza. Entendo que é unha marca comercial, ou cando menos, o nome
dun programa/servizo/o que sexa, que igual se debería manter intacto.

- Non recordo se vin algo máis.

Cachis, acabo de ver que Fran mandou un correo referente aos bugs. Se
cadra podiamos ter xa pulidas estas cousas.

Entendo que xa non van facer outra "exportación de traducións" antes
da versión final, non? Ou si? estaría ben ter polo menos o incluído na
instalación básica ben afinado...

Como sempre, dicídeme se estou mexando fora do testo, vale?

Ta loguiño,

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list