[Tradutores-Ubuntu] Detalles da Karmic que se cadra xa se trataron
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Thu Oct 22 21:51:19 BST 2009
-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1
Lets go!
José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> Boas, xente,
>
> Onte instalei unha Ubuntu karmic nunha máquina virtual, e vin unha
> serie de cousas que se cadra xa se falaron (son bastante evidentes),
> pero que non sei se poderiamos arranxar. Son, sen ningún tipo de orde
> aparente, as seguintes:
>
> - O menú de "Sistema" aparece sen iconas. Os outros dous téñenas, e
> ata os submenús de "Sistema" tamén. Entendo que non será cousa da
> tradución ao galego, pero nunca se sabe. Alguén sabe por que pasa
> isto?
Coméntoche iso sacáronllo seica porque metía ruido...!!!
>
> - Update-manager. Peta tras a primeira actualización que fixen.
> Aparentemente, parece que si que pode ter que ver coa tradución. [1]
> Neste link tedes detalles (despois funcionou, pero non sei se será bo
> deixalo pasar). Pasoulle a alguén máis?
> [1]: https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/update-manager/+bug/458448
>
A min vaime perfecta (xa sei a tipica escusa... ao mellor baixoche un
índice mal e petou...)
> . OpenOffice.org... está en inglés. Non sei se me comentou Antón que
> había que instalar algunha cousa a maiores para poñelo en gl. Se tal,
> podiamos falar con alguén, para que inclúa eses paquetes a maiores
> como dependencia para algún langpack, ou algunha ñapa así (seguramente
> non se poida facer nada, ou ata pode que Antón nunca me comentara
> nada, e o soñara ou imaxinara. Ás veces pásame, jejeje)
>
Teñoo en galego, simplemente tes que activar en configuracións de idioma
instalar/eliminar idiomas -> galego activando axudas de correccion
ortográfica e escrita.
Todo funcionando. Lembra que podes tirar do meu repo para instalar o
golfinho e mais as language tools
> - No menú de Aplicativos aparece, dentro de Internet "Cliente de
> servidor de terminais"... Non sei se é bo que "Terminal Server" se
> traduza. Entendo que é unha marca comercial, ou cando menos, o nome
> dun programa/servizo/o que sexa, que igual se debería manter intacto.
>
> - Non recordo se vin algo máis.
>
> Cachis, acabo de ver que Fran mandou un correo referente aos bugs. Se
> cadra podiamos ter xa pulidas estas cousas.
>
> Entendo que xa non van facer outra "exportación de traducións" antes
> da versión final, non? Ou si? estaría ben ter polo menos o incluído na
> instalación básica ben afinado...
Respecto ás traduzóns... boas novas, dixeronme no irc de ubuntu+1 que
van a exportalas hoxe
Sempre agardan unhas horas (dígase 1hora...48horas) ata que se
estabilicen os erros da release)
>
> Como sempre, dicídeme se estou mexando fora do testo, vale?
>
Non salpiques!
Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
iEYEARECAAYFAkrgxccACgkQmLtmJqKk+bipiQCbBCTYFxTte44k9ZvovlPopxq3
9hYAn18xeUCgeQ6DhC/uS/nVrXVy9lnF
=ELZL
-----END PGP SIGNATURE-----
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list