[Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade

damufo damufo at gmail.com
Thu Oct 15 16:48:37 BST 2009


Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
>> Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da
>> Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan
>> pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido
>> a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.
> 
> É de agradecer xa que non puiden asistir. Comento abaixo certas cousas que
> chamaron a atención, non teño tempo para máis agora.
> 
>> Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora
>> a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar,
>> ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os
>> próximos 10 anos.
>>
>> O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión,
>> -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven
>> nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode
>> atoparse eiquí:
>>
>> http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3
>>
>> Resumindo:
>>
>> * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren
>> disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado:
>>
>> - Desenvolvemento:
>>        - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos)
>>        - AraOS, Galinux (documentación e debs)
>>
>> - l10n:
>>        - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un
>>          destes proxectos ten infraestructura propia independente de
>>          Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do
>>          oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen
>>          funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi
>>          útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor
>>          sentimental.
>>        - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais)
>>        - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso)
>>        - Toda a documentación publicada
>>
>> - A maiores:
>>        - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica
>>        - Mirror da web, incluíndo wiki
>>
>> * Distribución dos servizos:
>>
>> - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de
>>  rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a:
>>
>> - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos
>>  dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o
>>  traballo diario e as xuntanzas periódicas.
>>
>> - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP
>>  correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e
>>  flexibel.
>>
>> * Estratexia para o traslado:
>>
>> - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición
>>  da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que
>>  consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar
>>  a conta e iniciar o respaldo.
>>
>> - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que
>>  sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais
>>  roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e
>>  alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que
>>  seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA
>>  suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso
>>  manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende
>>  a web de información do mailman.
> 
> E por que imos manter a rolda g11n?
> 
>> - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis
>>  que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a non
>>  ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará
>>  copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se
>>  defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que
>>  amose o mailman para a rolda.
>>
>> - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen
>>  descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado.
>>
>> - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos
>>  máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa
>>  (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo).
>>
>> * Tarefas concretas para a migración:
>>
>> - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e Trasno.
>>
>> * Servizos que podemos ofrecer
>>
>> Eiquí houbo tormenta de ideas:
>>
>> - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por
>>  exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki
>>  sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/
>>  GNOME)
>> - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata.
> 
> Por que un foro?
> 
>> - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse
>>  na galeguización de software.
>> - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova
>>  xente, vía web.
> 
> Xa se falou bastante sobre por que non traducir vía web.
> 
>> En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non
>> agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser
>> resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: quedaría
>> aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo as
>> súas achegas.
>>
>> * Tarefas e perfís
>>
>> Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise.
>>
>> * Outros
>>
>> - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse
>>  en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso
>>  interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada.
> 
> O que me faltaba por ver. Demostra que é fechada. Demostra que se lle negou
> a xente de fóra a capacidade de participar, é máis demostra que ninguén de
> fóra participou.
> 

?????


>>  Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non pode
>>  representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo estaría
>>  excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma
>>  independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais iso
>>  non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que
>>  Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó
>>  para todos.
> 
> Non lembro exactamente que parte dos estatutos enviou onte Miguel, pero inclúen
> a participación de entidades externas nos procesos de decisión
> periódicos. Por outra
> parte a ninguén se lle vai prohibir adherirse á asociación, e
> evidentemente se non se
> unen todos non representará a todos, pero xa dixen que se pode unir quen queira.
> 
> Tampouco era a idea de representar a todos os tradutores xa que os tradutores
> independentes poden non querer ser representados, e destes algúns, e
> evidentemente non podemos intentar arrogarnos o dereito a representalos. Por
> outra banda como imos publicar os recursos e ferramentas de xeito
> libre, non terán
> problema en beneficiarse da actividade da asociación aínda que non sexan socios.
> 
>> - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro
>>  para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema
>>  suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e
>>  desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é
>>  preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún,
>>  senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e
>>  institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela.
>>
>>  Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous
>>  anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así,
>>  o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o
>>  mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os
>>  próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o
>>  mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima
>>  transparencia.
>>
>> Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o
>> desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura
>> de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será
>> unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza.
> 
> Quen participou na xuntanza de onte?
> 
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro
> 



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list