[Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade
Suso Baleato
suso.baleato at gmail.com
Thu Oct 15 15:55:45 BST 2009
Boas,
Esqueceume poñer a ligazón ás novas; unha é a da Nosa Terra, que xa chegou,
outra está en Vieiros (agora non atopo a ligazón) e as outras dúas enlazan
dende eiquí:
http://www.xornal.com/artigo/2009/10/14/sociedad/xunta-non-financiara-mancomun-porque-proxecto-do-bipartito/2009101423343193015.html
Desconecto até mañá, grazas á Ciberirmandade por ofrecer as súas máquinas e
ánimo aos de Trasno co seu proxecto de asociación, cantos máis sexamos mellor.
Saúdos,
Suso Baleato escrebeu:
> Boas,
>
> Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da
> Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan
> pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido
> a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.
>
> Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora
> a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar,
> ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os
> próximos 10 anos.
>
> O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión,
> -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven
> nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode
> atoparse eiquí:
>
> http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3
>
> Resumindo:
>
> * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren
> disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado:
>
> - Desenvolvemento:
> - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos)
> - AraOS, Galinux (documentación e debs)
>
> - l10n:
> - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un
> destes proxectos ten infraestructura propia independente de
> Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do
> oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen
> funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi
> útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor
> sentimental.
> - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais)
> - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso)
> - Toda a documentación publicada
>
> - A maiores:
> - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica
> - Mirror da web, incluíndo wiki
>
> * Distribución dos servizos:
>
> - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de
> rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a:
>
> - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos
> dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o
> traballo diario e as xuntanzas periódicas.
>
> - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP
> correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e
> flexibel.
>
> * Estratexia para o traslado:
>
> - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición
> da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que
> consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar
> a conta e iniciar o respaldo.
>
> - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que
> sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais
> roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e
> alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que
> seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA
> suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso
> manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende
> a web de información do mailman.
>
> - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis
> que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a non
> ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará
> copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se
> defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que
> amose o mailman para a rolda.
>
> - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen
> descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado.
>
> - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos
> máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa
> (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo).
>
> * Tarefas concretas para a migración:
>
> - Configurar as contas scp/ sftp para darlle acceso á xente do CESGA e Trasno.
>
> * Servizos que podemos ofrecer
>
> Eiquí houbo tormenta de ideas:
>
> - Comezar a pensar en memorias de tradución por tipo de aplicación (por
> exemplo: TMX de wikis, pois o máis probabel é que a terminoloxía dun wiki
> sexa aproveitabel nos outros; o mesmo para os escritorios (exemplo KDE/
> GNOME)
> - Foro aberto sobre terminoloxía. Esto podería facerse de forma inmediata.
> - Foro de "primeiro contacto" ou "axuda" para personas que queiran iniciarse
> na galeguización de software.
> - Localización/ tradución/ QA en liña, para facilitar a integración de nova
> xente, vía web.
>
> En todo caso, a materialización destas ideas sería a medio/longo prazo, non
> agora, e ademais a definición dos servizos que se ofrezan deberán ser
> resultado do proceso de análise que no cronograma se iniciaría agora: quedaría
> aberto o proceso para que todo o mundo poida participar directamente fazendo as
> súas achegas.
>
> * Tarefas e perfís
>
> Dependerá dos servizos, e por tanto dos resultados da análise.
>
> * Outros
>
> - Asociación de Trasno. Ao parecer Trasno está dando pasos para constituirse
> en asociación tras acordar uns estatutos redixidos a traverso dun proceso
> interno de debate privado levado a cabo básicamente na súa rolda fechada.
> Como non se empregou un proceso decisional e aberto, esa asociación non pode
> representar ao conxunto da comunidade (a Ciberirmandade por exemplo estaría
> excluída dela, a igual que tradutores que prefiran traballar de forma
> independente ou que esixan facelo de forma aberta e transparente); mais iso
> non significa ningún obstáculo para colaborar no futuro e o feito de que
> Trasno -por fin- se convirta en asociación é unha boa noticia por que é bó
> para todos.
>
> - Finanzamento. Lamentabelmente no mundo que vivimos é preciso diñeiro
> para interactuar e dispoñer de recursos; e por se esto non fora problema
> suficiente, o tema dos cartos tende a ser causa de conflictos e
> desconfianza entre a xente. Á hora de calcular o custe da alternativa, é
> preciso entender que non se pretende clonar a estructura de Mancomún,
> senón manter funcional unha plataforma independente de subvencións e
> institucións e autoxestionada polas personas que fagan uso dela.
>
> Inicialmente falouse en cubrir o investimento preciso para garantir dous
> anos, pero finalmente optouse por unha solución a máis longo prazo. Así,
> o investimento previsto que comprometemos é de 5000 euros para o
> mantenemento dos dominios g11n e dos servidores virtuais durante os
> próximos 10 anos. Os detalles das contas iranse publicando seguindo o
> mesmo modelo que se ven usando na Ciberirmandade para garantir a máxima
> transparencia.
>
> Dito esto e vistas as últimas noticias ([1],[2],[3],[4]) que confirman o
> desmantelamento de Mancomún, penso que xa todo o mundo ten clara a postura
> de cada quen, así que pouco hai máis que dizer que: a traballar. Esta será
> unha intensa fin de semana: onde hai vida, hai esperanza.
>
> Saúdos,
>
> Suso Baleato escrebeu:
> > Boas,
> >
> > Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia
> > da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí
> > estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas
> > de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto
> > presencialmente como facendo aportacións vía correo.
> >
> > Saúdos e avante toda!
> >
> >
> >
> > Suso Baleato escrebeu:
> > > Suso Baleato escrebeu:
> > > > Minhoca escrebeu:
> > > > > Suso Baleato escribiu:
> > > > > >
> > > >
> > > > O propósito de ambas reunións será o mesmo: fazer inventario de recursos de
> > > > infraestructura e proxectar a súa posta en común para darlle continuidade aos
> > > > proxectos de Mancomún, lóxicamente priorizando os de g11n.
> > > >
> > > > Sobra dizer que as dúas reunións son abertas, pode participar nelas quen queira,
> > > > e se alguén ten propostas (de recursos, de loxística...) pero non pode vir, que
> > > > mas faga chegar directamente ao correo ou ben a traverso desta rolda.
> > > >
> > >
> > > Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais
> > > fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola
> > > Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu.
> > >
> > > Todo o que se expón son propostas, que se expoñen eiquí para consideración
> > > xeral e nas que continuaremos avanzando na reunión prevista para Compostela
> > > (o mércores 14 ás 20:00) en lugar por concretar (admítense ofrecementos de
> > > local, a ser posibel con aparcadoiro fácil).
> > >
> > > NATUREZA
> > > --------
> > > Hai acordo pleno en que a alternativa a Mancomún non pode ser institucional
> > > nin tampouco pode consistir en crear unha nova asociación, ou unha federación
> > > de asociacións pola súa complexidade e por que non hai masa crítica para iso,
> > > máxime cando Trasno está en pleno proceso constituínte, e máis se cabe cando
> > > a cultura da "leiriña" está tan asentada entre nós, e sempre resulta complicado
> > > facer cousas conxuntamente. Por tanto non se trataría de crear unha nova
> > > persona xurídica, senón un conxunto de recursos comúns que sexan útiles, na
> > > liña metodolóxica definida no g11n, compartidos polas distintas personas
> > > físicas e xurídicas que conforman a comunidade de localización, partindo dos
> > > consensos aceitados por todos que permiten ir aproximando posturas mentres cada
> > > quen pode traballar dende o seu recuncho, e onde tanto as asociacións existentes,
> > > como grupos de voluntarios, voluntariado individual sen vinculación e demais
> > > axentes colaboran de mutuo acordo e por vontade propria. Neste sentido
> > > identifícanse os consensos do g11n como punto de partida sólido sobre o que
> > > medrar, e por eso o foco debe continuar centrado na galeguización do software.
> > > Todo o que veña a maiores, benvido sexa.
> > >
> > > NOME
> > > ----
> > > Había varias propostas (Mankomuna, Komuna e outras, con "k" para marcar a
> > > indepencia institucional) que foron descartadas en favor de "g11n", máis
> > > neutro, menos marcado, como acrónimo de galeguización que xa coñecemos. O motivo
> > > é que este é un nome que todas as personas involucradas identifican claramente,
> > > está asociado aos consensos actuais, é curto, xa dispoñeríamos de nomes de dominio
> > > e de imaxe corporativa -lembrar que o traballo de deseño foi cedido á comunidade
> > > con este propósito. Por outra parte tampouco se trata de crear un mancomún-2
> > > idéntico, e por que á hora de priorizar os temas relacionados coa língua son os
> > > que vemos como máis críticos.
> > >
> > > RECURSOS
> > > --------
> > > Os recursos dos que dispoñemos son:
> > >
> > > - Servidor adicado: sería un servidor Debian contratado pola Ciberirmandade,
> > > con tanto espazo en disco e xigas de transferencia como sexa preciso
> > > comezando polo mínimo e aumentando baixo demanda, todo elo até o límite
> > > que a asociación poida costear por suscripción popular. Trataríase dun
> > > servidor independente e separado do da Ciberirmandade que eles manterían
> > > en funcionamento pero que sería configurado en función das necesidades
> > > definidas pola comunidade. Neste servidor terían cabida as copias de
> > > seguranza e os servizos "gráficos" como foros, buscador terminolóxico,
> > > glosario, wikis, webs, e demais posibilidades que se acorden. Este servidor
> > > ten as funcionalidades estándar dos hostings actuais con panel de control,
> > > scripts de instalación e similares. Compre sinalar que esta asociación non
> > > acepta subvencións, decisión que tomaron para garantir a súa total
> > > independencia.
> > >
> > > - Servidor de emerxencia: trátase do servidor que eu puxen en marcha para
> > > respaldar o proceso de desinstitucionalización iniciado en maio (ver
> > > diagrama adxunto [1]) fornecendo un repositorio común para todas as traducións,
> > > unha rolda de correo (a rolda g11n de mancomún, que sería trasladada aquí)
> > > e a xestión dos dominios g11n. Tal como pode verse no cronograma, o proceso
> > > de desinstitucionalización estaba planificado para dous anos; posto que era
> > > vital manter estes servizos funcionando á marxe das institucións, decidín
> > > asumir personalmente e por adiantado o custe de mantenemento deste servidor
> > > pois non atopaba outra alternativa para garantir a continuidade das
> > > traducións de Mozilla, OpenOffice e GNOME. Unha vez coñecido o ofrecemento
> > > da Ciberirmandade, e tras falalo hoxe, optei por donar este servidor, xunto
> > > cos dominios rexistrados, como "servidor de emerxencia" que durante os dous
> > > próximos anos garantize as comunicacións da comunidade. Transcurrido este
> > > tempo decidiríamos conxuntamente qué fazer con eses recursos (igual para
> > > ese día inventouse un traductor automático por intelixencia artificial e xa
> > > non facemos falta.)
> > >
> > > ALCANCE
> > > -------
> > > Despois de examinar o amplo espectro de actividades de Mancomún (observación,
> > > formación, difusión, implantación, desenvolvemento, localización e soporte) e
> > > contrastalos cos recursos que temos, viuse claro que era preciso priorizar
> > > seleccionando aquelo que, resultando de maior importancia, poidamos abarcar.
> > > E despois de darlle voltas, chegamos á conclusión de as áreas nas que imos
> > > poder aportar son as de desenvolvemento -fornecendo unha copia de seguranza-
> > > e a de localización -fornecendo a continuidade dos proxectos de localización.
> > >
> > > Con respeito a de desenvolvemento (forxa, araos, galinux, golfinho, monifate
> > > e demais) enténdese que, pola súa natureza, o protagonismo debe corresponder
> > > ás asociacións de linux e ás empresas de enxeñería software que son as que
> > > mellor saberán selecionar qué proxectos dos existentes deben ser continuados
> > > e cómo facelo. Porén, como non percibimos sinais de actividade deles dende
> > > fai meses, compre evitar que pola súa falta de iniciativa desapareza todo o
> > > código da rede. Por tanto a acción que se propón tomar é abrir unha conta no
> > > servidor adicado para que o personal que aínda queda no CESGA poida programar
> > > unha copia de seguranza, que quedaría accesíbel para que no futuro poida
> > > reutilizarse o material evitando que se perda.
> > >
> > > Con respeito a localización, enténdese que hai un problema estructural e un
> > > problema crítico. O problema crítico é que desapareza a rolda g11n antes de
> > > que fora trasladada ao servidor de emerxencia, en cuxo caso a comunicación
> > > -e o proceso de desinstitucionalización- quedaría interrompida, e por eso
> > > acción [[ _urxente_ ]] que se propón e facer copia de seguridade da rolda de
> > > mancomún e trasladala ao servidor de emerxencia. O problema estructural é a
> > > falta de xente, e nesto proponse recuperar a proposta de dorfun [2] no g11n
> > > sobre a activación de redes sociais -ou algo similar- de xeito que poidamos
> > > atraer o interese de xente próxima ao tema da língua. Pénsase que o sistema
> > > de roldas está ben para a xente que leva tempo, pero para a xente nova é
> > > necesario algo máis gráfico, ben sexan foros, ben sexa intervindo en
> > > facebooks, tuentis e demais, ou se cadra montando unha rede propria. Todo
> > > esto habería que ilo concretando, e disporíamos do servidor adicado para
> > > hospedalo. Proponse comezar abrindo foros. Lóxicamente habería que poñer en
> > > marcha alternativas aos servizos que funcionan en Mancomún ou que haxa que
> > > montar e aínda non estén, como unha web terminolóxica e similares, que irían
> > > sendo definidos pola comunidade.
> > >
> > > Ben, faláronse máis cousas, pero o que vemos claro os que estivemos é isto
> > > que tratei de reflexar. O próximo mércores xuntámonos para discutir o que se
> > > comente até entón; reunión aberta como sempre, en canto teñamos claro o sitio
> > > xa avisamos.
> > >
> > > [1] O cronograma reflexa o meu plan de traballo até 2012. Por suposto cousas
> > > como a Ley de Estándares Abertos, o proxecto de Migración da Xunta a SW
> > > Libre ou a consolidación do personal contratado no CESGA foron abortadas
> > > polo novo goberno, mais a parte referida a g11n sí que sería posibel
> > > mantela se queremos. As liñas vermellas son as tarefas "oficiais" a levar
> > > a cabo dende Mancomún, as azuis as de comunidade, e as verdes son as miñas
> > > iniciativas personais. Usar o zoom para vela completa: as tarefas da
> > > parte superior correspóndense coa parte máis oficial, e as de abaixo coa
> > > máis comunitaria, como vedes, van sincronizadas.
> > >
> > > [2] "Nisto Dorfun da Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á
> > > comunidade de tradución para mellorar a comunicación interna e para
> > > permeabilizarse e que poida participar xente nova" nos consensos do g11n.
> > >
> > > > Saúdos e veña que vamos,
> > > >
> > > > >
> > > > > > Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta para
> > > > > > que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara ao
> > > > > > futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o resto
> > > > > > irá chegando de forma natural.
> > > > > >
> > > > >
> > > > > Adiante.
> > > > >
> > > > > --
> > > > > ---
> > > > > Saúde.
> > > > > ......................................................................
> > > > > Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> > > > >
> > > > > CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> > > > > http://www.ciberirmandade.org
> > > > >
> > > > > A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> > > > > ......................................................................
> > > > >
> > > > > _______________________________________________
> > > > > G11n mailing list
> > > > > G11n at mancomun.org
> > > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> > > >
> > > > --
> > > > http://susinho.pagina.de/
> > > > _______________________________________________
> > > > G11n mailing list
> > > > G11n at mancomun.org
> > > > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> > >
> > > --
> > > http://susinho.pagina.de/
> >
> >
> >
> > --
> > http://susinho.pagina.de/
> >
> >
> > --
> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscribe at trasno.net.
>
> --
> http://susinho.pagina.de/
--
http://susinho.pagina.de/
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list