[Tradutores-Ubuntu] Idea - call for comments

José Manuel Castroagudín Silva chavescesures at gmail.com
Fri Oct 9 15:15:19 BST 2009


Empezando con algo tan parvo como:
### comezo:

#!/bin/bash

CADEA=$(zenity --entry \
       --title="Busca de cadeas" \
       --text="Cadea a buscar:" \
       --entry-text "Cadea" )

FICHEIRO=$(zenity --list \
          --title="Os seguintes ficheiros coinciden:" \
          --column="Ficheiro"  \
        `grep "$CADEA" /usr/share/locale/gl*/LC_MESSAGES/*mo | awk
'{system("basename "$3" .mo") }'`)

URL=
https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/$FICHEIRO/+pots/$FICHEIRO/gl/+translate

zenity --info \
          --text="Probe visitando\n $URL"

#####  fin (coidado se copiades, o gmail fai cousas raras coas comiñas)

Creo que podiamos acabar tendo algo útil... Non? se se pon un "lanzador" no
panel de Gnome, sería elemental utilizalo. (se alguén quere velo funcionar,
que non esqueza darlle permisos de execución e tal. e se non vai, probade
con "aptitude install zenity", claro)

Hai máis sitios onde mirar aparte dos .po? sería ben mirar en ficheiros
.desktop?...

2009/10/9 Gonçalo Cordeiro <gonzalo at tagenata.com>

> Olá,
>
> Isso seria umha ferramenta de grande utilidade...
> Pode-se ver umha tentativa de algo semelhante em:
> http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/podebug
>
> um saúdo
>
> José Manuel Castroagudín Silva escreveu:
>
>  Hoxe un compañeiro comentoume algo que igual resulta en algo de utilidade.
>> Coméntovos e decídesme que vos parece:
>>
>> El dicía que sería estupendo ter unha ferramenta sinxela que permitise,
>> unha
>> vez detectada unha mensaxe errónea en calquera parte da interface, saber
>> facilmente en que ficheiro estaba para poder, por exemplo, ir a Launchpad
>> e
>> cambialo por algo ao xeito.
>>
>> Ben, calquera con idea de usar a liña de ordes e de en que directorios hai
>> que mirar non tería maior problema para solucionar este asunto. Pero
>> ninguén
>> naceu aprendido.
>>
>> Así que pensei en facer algo con Zenity (por exemplo, e por facilidade.
>> Pouco mirei, pero parecía fácil de todo) e grep, un programiña que faga un
>> msgunfmt de todos os .mo, o garde en ~/.<programa>/*.po e lle presente ao
>> usuario un cadro de texto para introducir a cadea errónea que atopou, e
>> saque unha lista de nomes de ficheiro que habería que revisar (e incluso a
>> liña ou así). Tamén se pode facer que mire nos .mo (sen msgunfmtear)  e
>> diga
>> só o nome do ficheiro... non sei.
>>
>> Pensades que sería de utilidade? Igual para usar durante as betas e alfas
>> de
>> Ubuntu se podería poñer a disposición de quen queira empregalo...
>>
>> Ben, iso: antes de poñerme a facelo, védeslle utilidade?
>>
>>
>>
>
>
> --
> TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN S. COOP. GALEGA (Rúa de Ponferrada, 8
> entreplanta B 15707. Santiago de Compostela), infórmao/a de que o seu
> enderezo de correo electrónico e o resto dos datos de carácter persoal que
> nos facilite serán obxecto de tratamento automatizado nos nosos ficheiros,
> co fin de xestionar a axenda de contactos da nosa empresa e para o envío de
> comunicacións comerciais e/ou persoais por vía electrónica. Vostede poderá,
> en calquera momento, exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación
> ou oposición nos termos establecidos na Lei orgánica 15/1999, de protección
> de datos de carácter persoal (LOPD 15/1999), dirixindo un escrito ao
> enderezo antes nomeado. Tamén lle comunicamos que a información incluída
> neste correo electrónico é confidencial pois é para uso exclusivo da persoa
> destinataria arriba mencionada. Se vostede le esta mensaxe e non é a persoa
> destinataria, informámolo/a de que está totalmente prohibida calquera
> utilización, divulgación, distribución e/ou reprodución desta comunicación
> sen autorización expresa en virtude da lexislación vixente. Se recibiu esta
> mensaxe por erro, pregámoslle que nolo notifique inmediatamente por esta
> mesma vía e proceda á súa eliminación.
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: atopa.sh
Type: application/x-sh
Size: 516 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20091009/dfd12afb/attachment.sh 


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list