[Tradutores-Ubuntu] Idea - call for comments

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Wed Oct 14 21:22:35 BST 2009


>>> Hoxe un compañeiro comentoume algo que igual resulta en algo de utilidade.
>>> Coméntovos e decídesme que vos parece:
>>>
>>> El dicía que sería estupendo ter unha ferramenta sinxela que permitise,
>>> unha
>>> vez detectada unha mensaxe errónea en calquera parte da interface, saber
>>> facilmente en que ficheiro estaba para poder, por exemplo, ir a Launchpad
>>> e
>>> cambialo por algo ao xeito.
>>>
>>> Ben, calquera con idea de usar a liña de ordes e de en que directorios hai
>>> que mirar non tería maior problema para solucionar este asunto. Pero
>>> ninguén
>>> naceu aprendido.
>>>
>>> Así que pensei en facer algo con Zenity (por exemplo, e por facilidade.
>>> Pouco mirei, pero parecía fácil de todo) e grep, un programiña que faga un
>>> msgunfmt de todos os .mo, o garde en ~/.<programa>/*.po e lle presente ao
>>> usuario un cadro de texto para introducir a cadea errónea que atopou, e
>>> saque unha lista de nomes de ficheiro que habería que revisar (e incluso a
>>> liña ou así). Tamén se pode facer que mire nos .mo (sen msgunfmtear)  e
>>> diga
>>> só o nome do ficheiro... non sei.
>>>
>>> Pensades que sería de utilidade? Igual para usar durante as betas e alfas
>>> de
>>> Ubuntu se podería poñer a disposición de quen queira empregalo...
>>>
>>> Ben, iso: antes de poñerme a facelo, védeslle utilidade?
>>>
>>
>> Isso seria umha ferramenta de grande utilidade...
>> Pode-se ver umha tentativa de algo semelhante em:
>> http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/podebug
>
> Empezando con algo tan parvo como:
> ### comezo:
>
> #!/bin/bash
>
> CADEA=$(zenity --entry \
>       --title="Busca de cadeas" \
>       --text="Cadea a buscar:" \
>       --entry-text "Cadea" )
>
> FICHEIRO=$(zenity --list \
>          --title="Os seguintes ficheiros coinciden:" \
>          --column="Ficheiro"  \
>        `grep "$CADEA" /usr/share/locale/gl*/LC_MESSAGES/*mo | awk
> '{system("basename "$3" .mo") }'`)
>
> URL=
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/$FICHEIRO/+pots/$FICHEIRO/gl/+translate
>
> zenity --info \
>          --text="Probe visitando\n $URL"
>
> #####  fin (coidado se copiades, o gmail fai cousas raras coas comiñas)
>
> Creo que podiamos acabar tendo algo útil... Non? se se pon un "lanzador" no
> panel de Gnome, sería elemental utilizalo. (se alguén quere velo funcionar,
> que non esqueza darlle permisos de execución e tal. e se non vai, probade
> con "aptitude install zenity", claro)
>
> Hai máis sitios onde mirar aparte dos .po? sería ben mirar en ficheiros
> .desktop?...

Penso que se xa hai unha ferramenta que funciona para isto mellor non
duplicar. Haberia que investigar se funciona ben. En todo caso moitas
grazas pola aportación, a veces isto botábase en falta.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list