[Tradutores-Ubuntu] Idea - call for comments

Gonçalo Cordeiro gonzalo at tagenata.com
Fri Oct 9 09:00:20 BST 2009


Olá,

Isso seria umha ferramenta de grande utilidade...
Pode-se ver umha tentativa de algo semelhante em:
http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/podebug

um saúdo

José Manuel Castroagudín Silva escreveu:
> Hoxe un compañeiro comentoume algo que igual resulta en algo de utilidade.
> Coméntovos e decídesme que vos parece:
>
> El dicía que sería estupendo ter unha ferramenta sinxela que permitise, unha
> vez detectada unha mensaxe errónea en calquera parte da interface, saber
> facilmente en que ficheiro estaba para poder, por exemplo, ir a Launchpad e
> cambialo por algo ao xeito.
>
> Ben, calquera con idea de usar a liña de ordes e de en que directorios hai
> que mirar non tería maior problema para solucionar este asunto. Pero ninguén
> naceu aprendido.
>
> Así que pensei en facer algo con Zenity (por exemplo, e por facilidade.
> Pouco mirei, pero parecía fácil de todo) e grep, un programiña que faga un
> msgunfmt de todos os .mo, o garde en ~/.<programa>/*.po e lle presente ao
> usuario un cadro de texto para introducir a cadea errónea que atopou, e
> saque unha lista de nomes de ficheiro que habería que revisar (e incluso a
> liña ou así). Tamén se pode facer que mire nos .mo (sen msgunfmtear)  e diga
> só o nome do ficheiro... non sei.
>
> Pensades que sería de utilidade? Igual para usar durante as betas e alfas de
> Ubuntu se podería poñer a disposición de quen queira empregalo...
>
> Ben, iso: antes de poñerme a facelo, védeslle utilidade?
>
>   


-- 
TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN S. COOP. GALEGA (Rúa de Ponferrada, 8 entreplanta B 15707. Santiago de Compostela), infórmao/a de que o seu enderezo de correo electrónico e o resto dos datos de carácter persoal que nos facilite serán obxecto de tratamento automatizado nos nosos ficheiros, co fin de xestionar a axenda de contactos da nosa empresa e para o envío de comunicacións comerciais e/ou persoais por vía electrónica. Vostede poderá, en calquera momento, exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación ou oposición nos termos establecidos na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (LOPD 15/1999), dirixindo un escrito ao enderezo antes nomeado. Tamén lle comunicamos que a información incluída neste correo electrónico é confidencial pois é para uso exclusivo da persoa destinataria arriba mencionada. Se vostede le esta mensaxe e non é a persoa destinataria, informámolo/a de que está totalmente prohibida calquera utilización, divulgación, distribución e/ou reprodución desta comunicación sen autorización expresa en virtude da lexislación vixente. Se recibiu esta mensaxe por erro, pregámoslle que nolo notifique inmediatamente por esta mesma vía e proceda á súa eliminación.

-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: gonzalo.vcf
Type: text/x-vcard
Size: 334 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20091009/0ad9c833/attachment.vcf 


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list