[Tradutores-Ubuntu] Idea - call for comments

José Manuel Castroagudín Silva chavescesures at gmail.com
Thu Oct 8 23:15:09 BST 2009


Hoxe un compañeiro comentoume algo que igual resulta en algo de utilidade.
Coméntovos e decídesme que vos parece:

El dicía que sería estupendo ter unha ferramenta sinxela que permitise, unha
vez detectada unha mensaxe errónea en calquera parte da interface, saber
facilmente en que ficheiro estaba para poder, por exemplo, ir a Launchpad e
cambialo por algo ao xeito.

Ben, calquera con idea de usar a liña de ordes e de en que directorios hai
que mirar non tería maior problema para solucionar este asunto. Pero ninguén
naceu aprendido.

Así que pensei en facer algo con Zenity (por exemplo, e por facilidade.
Pouco mirei, pero parecía fácil de todo) e grep, un programiña que faga un
msgunfmt de todos os .mo, o garde en ~/.<programa>/*.po e lle presente ao
usuario un cadro de texto para introducir a cadea errónea que atopou, e
saque unha lista de nomes de ficheiro que habería que revisar (e incluso a
liña ou así). Tamén se pode facer que mire nos .mo (sen msgunfmtear)  e diga
só o nome do ficheiro... non sei.

Pensades que sería de utilidade? Igual para usar durante as betas e alfas de
Ubuntu se podería poñer a disposición de quen queira empregalo...

Ben, iso: antes de poñerme a facelo, védeslle utilidade?

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list