[Tradutores-Ubuntu] Aplicativos para traducir en Ubuntu Karmic
damufo
damufo at gmail.com
Wed Oct 7 09:49:08 BST 2009
Non podo estar máis en desacordo.
A tradución ha de ser o máis correcta posíbel, o que a poña en galego é
porque quere tela en galego non en algo que se pareza a español (aínda
que así sexa e non ten nada de malo). Quen queira que se pareza a
español estou seguro que porá directamente a tradución a español.
Marcos García escribiu:
> A min non me queda claro.
> O mesmo pasa co Español e soluciónase da mesma forma. Sinceramente se
> complicamos tanto o léxico das traduccións a persoa que pretende usar un SO
> máis cómodamente o que vai atopar é un trabalenguas e volverá a poñer o
> Español como idioma principal.
>
> 2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves at gmail.com>
>
>>>> Preferir "programa" non é a solución é aí está a cuestión. Non é o
>>>> mesmo o uso como palabra coloquial ou común que como termo.
>>>>
>>>> aplicación, aplicativo, programa, instrución, orde, script ... son
>>>> palabras relacionadas pero débese delimitar ben o seu uso técnico.
>>>>
>>>> No uso coloquial claro que son sinónimos aplicativo, aplicación e
>>>> programa pero no técnico non.
>>>>
>>>> Pego aquí un exemplo que atopei relacionado con aplicación/aplicativo:
>>>>
>>>> "En /CESGA// //Summer School/ mostraranse os usos actuais da
>>>> computación e a simulación en supercomputadores en diversas
>>>> aplicacións como matemáticas, biomedicina e nanotecnoloxía."
>>>>
>>>> Creo que é evidente que non sempre se pode intercambiar
>>>> aplicación/aplicativo/programa. Os sinónimos son intercambiábeis. Por
>>>> tanto, son palabras diferentes e considero como de máis calidade
>>>> darlle preferencia á máis exacta nas traducións. Por exemplo,
>>>> "programa" é unha lista de instrucións para unha máquina, non ten nin
>>>> sequera que ser un computador. De feito por algo se di o de "programa
>>>> de computador/ordenador" non ?
>>>>
>>>> Distingamos uso coloquial, informal e tradución técnica porque senón
>>>> non hai maneira.
>>> Vale, cedo ante unha xustificación tan convincente.
>>>
>>> Ata logo,
>>> Leandro Regueiro
>> A ver se me queda claro... "aplicativo" en vez de "aplicación" ou
>> "programa"
>> para o «Software de aplicación»? (diferenciado do «Software de base» ou
>> S.O.)
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list