[Tradutores-Ubuntu] Aplicativos para traducir en Ubuntu Karmic
Marcos García
marcosgdf at gmail.com
Tue Oct 6 23:39:17 BST 2009
A min non me queda claro.
O mesmo pasa co Español e soluciónase da mesma forma. Sinceramente se
complicamos tanto o léxico das traduccións a persoa que pretende usar un SO
máis cómodamente o que vai atopar é un trabalenguas e volverá a poñer o
Español como idioma principal.
2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves at gmail.com>
> > > Preferir "programa" non é a solución é aí está a cuestión. Non é o
> > > mesmo o uso como palabra coloquial ou común que como termo.
> > >
> > > aplicación, aplicativo, programa, instrución, orde, script ... son
> > > palabras relacionadas pero débese delimitar ben o seu uso técnico.
> > >
> > > No uso coloquial claro que son sinónimos aplicativo, aplicación e
> > > programa pero no técnico non.
> > >
> > > Pego aquí un exemplo que atopei relacionado con aplicación/aplicativo:
> > >
> > > "En /CESGA// //Summer School/ mostraranse os usos actuais da
> > > computación e a simulación en supercomputadores en diversas
> > > aplicacións como matemáticas, biomedicina e nanotecnoloxía."
> > >
> > > Creo que é evidente que non sempre se pode intercambiar
> > > aplicación/aplicativo/programa. Os sinónimos son intercambiábeis. Por
> > > tanto, son palabras diferentes e considero como de máis calidade
> > > darlle preferencia á máis exacta nas traducións. Por exemplo,
> > > "programa" é unha lista de instrucións para unha máquina, non ten nin
> > > sequera que ser un computador. De feito por algo se di o de "programa
> > > de computador/ordenador" non ?
> > >
> > > Distingamos uso coloquial, informal e tradución técnica porque senón
> > > non hai maneira.
> >
> > Vale, cedo ante unha xustificación tan convincente.
> >
> > Ata logo,
> > Leandro Regueiro
>
> A ver se me queda claro... "aplicativo" en vez de "aplicación" ou
> "programa"
> para o «Software de aplicación»? (diferenciado do «Software de base» ou
> S.O.)
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
--
marcos garcía // marquitox (.net)
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list