[Tradutores-Ubuntu] Aplicativos para traducir en Ubuntu Karmic

Adrián Chaves Fernández adriyetichaves at gmail.com
Fri Oct 2 14:37:56 BST 2009


> > Preferir "programa" non é a solución é aí está a cuestión. Non é o
> > mesmo o uso como palabra coloquial ou común que como termo.
> >
> > aplicación, aplicativo, programa, instrución, orde, script ... son
> > palabras relacionadas pero débese delimitar ben o seu uso técnico.
> >
> > No uso coloquial claro que son sinónimos aplicativo, aplicación e
> > programa pero no técnico non.
> >
> > Pego aquí un exemplo que atopei relacionado con aplicación/aplicativo:
> >
> > "En /CESGA// //Summer School/ mostraranse os usos actuais da
> > computación e a simulación en supercomputadores en diversas
> > aplicacións como matemáticas, biomedicina e nanotecnoloxía."
> >
> > Creo que é evidente que non sempre se pode intercambiar
> > aplicación/aplicativo/programa. Os sinónimos son intercambiábeis. Por
> > tanto, son palabras diferentes e considero como de máis calidade
> > darlle preferencia á máis exacta nas traducións. Por exemplo,
> > "programa" é unha lista de instrucións para unha máquina, non ten nin
> > sequera que ser un computador. De feito por algo se di o de "programa
> > de computador/ordenador" non ?
> >
> > Distingamos uso coloquial, informal e tradución técnica porque senón
> > non hai maneira.
> 
> Vale, cedo ante unha xustificación tan convincente.
> 
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro

A ver se me queda claro... "aplicativo" en vez de "aplicación" ou "programa" 
para o «Software de aplicación»? (diferenciado do «Software de base» ou S.O.)



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list