[Tradutores-Ubuntu] Boas a todos, presentándome.
José Manuel Castroagudín Silva
chavescesures at gmail.com
Mon Oct 5 16:21:15 BST 2009
Boas a todos,
Son Chaves, ando na lista de Trasno dende hai un tempo (non moi activo, mais
alí ando),
Escribo este correo porque quería ver de botar unha man a traducir esta
Ubuntu (a ver se aínda da tempo). Fun a
https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl e vin a seguinte lista:
1) Subscríbete á lista de correo (
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl) e preséntate.
Feito. Unha cousa menos, jeje...
2) É necesario que mostres as túas habilidades como tradutor/a...
Pooois... non sei que dicir. no seu momento traducira icewm. Máis adiante,
traducín o trac (teño que actualizalo un día destes, que hai tempo que non o
miro), algunha cousa teño traducido en Launchpad, estou co Geany... Non son
moi constante, pero algunha cousa teño feito.
Ah, si, recentemente traducín en Launchpad Linux Mint (vin que non era
moito, e púxenme con ela).
3) Solicita o paso a "membro activo"...
sobre isto, pois xa me contaredes...
4) Sigue as indicacións contidas no "Wiki":
https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators
Pois si, tamén o lin.
5) ¡¡Colabora tamén no LoCo Team!! http://www.ubuntuengalego.org
Ben, pois nada... que a ver se podo botar unha man. Tedes unha lista de
prioridades?
--
Saúde,
Chaves - http://chav.es
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list