[Tradutores-Ubuntu] Revisión de Compiz e de Gnome-do
damufo
damufo at gmail.com
Tue Oct 6 07:32:22 BST 2009
Miguel Bouzada escribiu:
> 2009/10/5 damufo <damufo at gmail.com>
>
>>
>> Leandro Regueiro escribiu:
>>>> hoxe estades de sorte iba á praia pero como está o tempo así vou a
>>>> revisar traducións.
>>> :)
>>>
>>>> Gnome-do está revisado completamente, tanto o aplicativo como os
>>>> complementos. Falta traducir dúas cadeas que non sei como demo facelo
>>>> "Docklets".
>>> Eu levo ca mesma dúbida varios anos. Hai uns meses intentarase
>>> discutir a tradución disto e de "dockapp" e relacionadas e non se
>>> chegara a nada.
>>>
>>>> Compiz e tropecentos plugins: vexo que aínda sego vendo fallos garrafais
>>>> na miña tradución. Por exemplo a elección de fiestra->xanela. Por iso
>>>> vou a revisar todo o que poida para que chegue á release de karmic.
>>> Eu sigo sen ver claro o da elección de "xanela". Sigo pensando que o
>>> máis axeitado é "fiestra", que ademais segue sendo a tradución máis
>>> usada se tomamos o conxunto dos proxectos máis grandes (xa veremos
>>> canto dura esta situación, xa que "xanela" xa sobrepasou a "ventá", e
>>> hai varios meses que en "tab" a máis usada é "separador" a pesar de
>>> que tampouco me parece a mellor tradución).
>>>
>> A min o que me preocupa é o de separador, que si que formula un problema
>> , porque crea confusión.
>> separador->lingüeta, lapela, aba...
>> separador->barra vertical ou horizontal que serve para dividir unha xanela.
>>
>
> Eu xa atopei en dous navegadores dos que me ocupo da tradución os termos
> "tab" e separator" no mesmo menú
>
> Sempre emprego separador para o caso de separar grupos de marcadores (por
> exemplo) e lingüeta para o caso das distintas páxinas abertas.
>
>
É de sentido común. Está claro que con
separador->tab
separador->(elemento que separa partes dun formulario)
vai haber confusión. O máis triste é que para separador->tab hai unha
chea de alternativas!!
>>
>>> Ata logo,
>>> Leandro Regueiro
>>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list