[Tradutores-Ubuntu] Revisión de Compiz e de Gnome-do

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Sun Oct 4 13:19:45 BST 2009


2009/10/4 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
>>>>> Gnome-do está revisado completamente, tanto o aplicativo como os
>>>>> complementos. Falta traducir dúas cadeas que non sei como demo facelo
>>>>> "Docklets".
>>>>
>>>> Eu levo ca mesma dúbida varios anos. Hai uns meses intentarase
>>>> discutir a tradución disto e de "dockapp" e relacionadas e non se
>>>> chegara a nada.
>>>
>>> Corrixo, mirando así por riba a conversa creo que a idea xeral era
>>> traducir como "trebello" todas estas aplicacións de escritorio que se
>>> poden mover ou chantar no mesmo. É dicir "widget", "desklet",
>>> "plasmoid", "desktop applet"... todas estas traducirianse como
>>> "trebello". Tamén se propuxera "chintófano", pero non prosperou.
>>>
>>> Agora hai que ver se "docklet" e "dockapp" e estas entran na
>>> definición, e en tal caso traducirianse como "trebello" tamén, senón
>>> haberia que discutilo.
>>
>> Xa que estamos como demo se traduce "Haz de luz" en castelán??? Non me
>> vale "raio de luz" xa que quero o significado de conxunto de luz.
>
> "feixe de luz", "raiola", "lightbeam" a que idioma queres traducir?

Non vai lareta.net?

Ata logo,
                      Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list