[Tradutores-Ubuntu] Revisión de Compiz e de Gnome-do
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Sun Oct 4 13:15:50 BST 2009
>>>> Gnome-do está revisado completamente, tanto o aplicativo como os
>>>> complementos. Falta traducir dúas cadeas que non sei como demo facelo
>>>> "Docklets".
>>>
>>> Eu levo ca mesma dúbida varios anos. Hai uns meses intentarase
>>> discutir a tradución disto e de "dockapp" e relacionadas e non se
>>> chegara a nada.
>>
>> Corrixo, mirando así por riba a conversa creo que a idea xeral era
>> traducir como "trebello" todas estas aplicacións de escritorio que se
>> poden mover ou chantar no mesmo. É dicir "widget", "desklet",
>> "plasmoid", "desktop applet"... todas estas traducirianse como
>> "trebello". Tamén se propuxera "chintófano", pero non prosperou.
>>
>> Agora hai que ver se "docklet" e "dockapp" e estas entran na
>> definición, e en tal caso traducirianse como "trebello" tamén, senón
>> haberia que discutilo.
>
> Xa que estamos como demo se traduce "Haz de luz" en castelán??? Non me
> vale "raio de luz" xa que quero o significado de conxunto de luz.
"feixe de luz", "raiola", "lightbeam" a que idioma queres traducir?
Ata logo,
Leandro Regueiro
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list