[Tradutores-Ubuntu] Internet Media

Antón Méixome certima at certima.net
Fri Oct 2 19:40:07 BST 2009


2009/10/2 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves at gmail.com>:
>> Adrián Chaves Fernández escribiu:
>> >>> Pois iso, suxiro: podería ser "soporte na Internet"
>> >>
>> >> eu poría interné (como carnet->carné)
>> >
>> > Eu poría "soporte na rede" ou "soporte na internet" (stop->stop)
>>
>> INMO
>> Stop->alto, parar..., outra cousa é a simbolxía internacional.
>> Eu tendo as formas regulares, será porque teño mala memoria e éme máis
>> doado aprender regras xerais que casos concretos. ¿?
>> Cousas como: licenza, diferenza, graza... preferencia???? Rompemme!! =(
>
> Falando de regras xerais, cústame crer que haxa máis exemplos de «-za» que de
> «-cia». Pero certamente non o sei. Case sempre recurro ao dicionario para
> saber en que caso estou.
>

Que va, o normal é -cia, os casos de -za son contados (un feixe pero
fixos e que están moi documentados na historia da lingua). Quero dicir
que se tes que crear unha palabra nova faralo con -cia e non con -za,
este último está digamos "conxelado" - falo da Normativa oficial,
claro-. E si, eu tamén vou ao dicionario porque o léxico patrimonial é
casuístico.

Non ten nada que ver o caso de carné (< fr. carnet, "caderno") co da
Internet (en. Internet "inter rede" ), nin en orixe, nin na súa
presencia entre nós. "Internet" é un nome propio, non un substantivo
común - por iso debe escribirse con maiúscula-. No futuro seguro que
se "normaliza" pero aínda non. O que moita xente non sabe é que
escribir *carnet en castelán non é correcto. E que en galego tamén se
di "balé" (< fr. ballet). Se admitimos "interné", porque non
"internés"?...



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list