[Tradutores-Ubuntu] Comentarios sobre a Wiki

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Sat Nov 28 23:02:33 GMT 2009


-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

penedo at mail.com escribiu:
> 
> 
> Ola xente!
> Felipe e Fran, xa fixen os deberes: lin o manual de localización de Mancomún e tamén estiven navegando pola wiki. E estes son algúns comentarios sobre o contido e estrutura da wiki para mellorala:
> - Sobre a sección Inicio:
>         - Parte do seu contido penso que debería estar noutras páxinas. Porexemplo, Comezar a traducir debería estar en Como colaborar e Ligazónspodería ser unha páxina á parte.
>         - En Colaborar indica que para unirse ao equipo haique ir a unha páxina de launchpad, cando hai un apartado específico deComo colaborar, o que o fai un chisco confuso.
> - As páxinas principais dos apartados (Como colaborar, Outrainformación e Contacto) non conteñen referencias e ligazóns aos seussubapartados e serían prácticas. 
> - Os índices de contido das páxinas están numerados, pero non o estácada apartado. Supoño que iso é cousa da Wiki, pero non sei se haberíaalgunha forma de corrixilo ou facer que os apartados de cada páxina e asúa xerarquía se diferenciase mellor.
> - A sección Tarefas trata de vostede e o resto da Wiki de ti.
> - A páxina Que non traducir, aínda que non está traducida, observei que tenun formato distinto (por exemplo non aparece o menú da Wiki)
> - Aínda que xa sei que moitas partes da Wiki están en construción, inclúo a lista de erros que fun atopando para telos en conta e corrixilos:
>         - Estado das traducións: todavía (aínda), xunto (conxunto?), qeu (que), inforado (informado), sección do máis abaixo (sección de...), imporatntes
>         - Como colaborar (en construción): cordinación, en este (neste), decir (dicir), os mensaxes (as mensaxes),  
>         - Resumo do ciclo de traballo: alomenos (polo menos), nadie (ninguén), listado (listaxe), cual, suponer (supor), fichero, líña (liña)
>         - Tarefas: cree (cre/crea), "Recorde que nos podemos suscribirnos" (?), qeu (que), que nos estemos (?) 
>         -Preguntas más frecuentes (en construción): más (máis), diferencia (diferenza), oficianis (oficiais), diretamente,faena (traballo), quenes (quen), "ienen los conocimientos..." (?), A parte (Á parte)
>         - Temas avanzados (en construción): pàxina, utilitzación, ferramentaas, dase o caso que (dáse o caso de que), Nestos (nestes), encontral, do contrario denominado Rosetta (?), icona nova (nova icona), rató (rato), Nun anaco averiguouse o nombre (unha vez que se averiguou o nome?), a partires de (a partir de), se abre (ábrese)
>         - Quen somos: collaboradores, que poden aceptar as traducións ao sistema (?), siguen (seguen), a traveso da/de (a través da/de)
> 
> Isto é todo o que vin polo de agora. Se se me ocorren máis propostas para a Wiki, xa volas irei contando.
> 
> Un saúdo,
> Pablo.
> 
> 
>  
>  
>  
> =
Ola Mr. penedo,

grazas polas remisións de grallas, lembroche que tamén podes editar a
wiki ti mesmo. Se tes unha conta de launchpad podes iniciar sesión na wiki.

Xa sabes onde estamos.

Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAksRrAkACgkQmLtmJqKk+bhjsgCdEkBjbiWS4APxRFHmXSF7dibx
xYsAoILSo+qIDDMQqHnEile0gFabOK4b
=u53C
-----END PGP SIGNATURE-----



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list