[Tradutores-Ubuntu] Comentarios sobre a Wiki
penedo at mail.com
penedo at mail.com
Sat Nov 28 22:48:12 GMT 2009
Ola xente!
Felipe e Fran, xa fixen os deberes: lin o manual de localización de Mancomún e tamén estiven navegando pola wiki. E estes son algúns comentarios sobre o contido e estrutura da wiki para mellorala:
- Sobre a sección Inicio:
- Parte do seu contido penso que debería estar noutras páxinas. Porexemplo, Comezar a traducir debería estar en Como colaborar e Ligazónspodería ser unha páxina á parte.
- En Colaborar indica que para unirse ao equipo haique ir a unha páxina de launchpad, cando hai un apartado específico deComo colaborar, o que o fai un chisco confuso.
- As páxinas principais dos apartados (Como colaborar, Outrainformación e Contacto) non conteñen referencias e ligazóns aos seussubapartados e serían prácticas.
- Os índices de contido das páxinas están numerados, pero non o estácada apartado. Supoño que iso é cousa da Wiki, pero non sei se haberíaalgunha forma de corrixilo ou facer que os apartados de cada páxina e asúa xerarquía se diferenciase mellor.
- A sección Tarefas trata de vostede e o resto da Wiki de ti.
- A páxina Que non traducir, aínda que non está traducida, observei que tenun formato distinto (por exemplo non aparece o menú da Wiki)
- Aínda que xa sei que moitas partes da Wiki están en construción, inclúo a lista de erros que fun atopando para telos en conta e corrixilos:
- Estado das traducións: todavía (aínda), xunto (conxunto?), qeu (que), inforado (informado), sección do máis abaixo (sección de...), imporatntes
- Como colaborar (en construción): cordinación, en este (neste), decir (dicir), os mensaxes (as mensaxes),
- Resumo do ciclo de traballo: alomenos (polo menos), nadie (ninguén), listado (listaxe), cual, suponer (supor), fichero, líña (liña)
- Tarefas: cree (cre/crea), "Recorde que nos podemos suscribirnos" (?), qeu (que), que nos estemos (?)
-Preguntas más frecuentes (en construción): más (máis), diferencia (diferenza), oficianis (oficiais), diretamente,faena (traballo), quenes (quen), "ienen los conocimientos..." (?), A parte (Á parte)
- Temas avanzados (en construción): pàxina, utilitzación, ferramentaas, dase o caso que (dáse o caso de que), Nestos (nestes), encontral, do contrario denominado Rosetta (?), icona nova (nova icona), rató (rato), Nun anaco averiguouse o nombre (unha vez que se averiguou o nome?), a partires de (a partir de), se abre (ábrese)
- Quen somos: collaboradores, que poden aceptar as traducións ao sistema (?), siguen (seguen), a traveso da/de (a través da/de)
Isto é todo o que vin polo de agora. Se se me ocorren máis propostas para a Wiki, xa volas irei contando.
Un saúdo,
Pablo.
=
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list