[Tradutores-Ubuntu] Presentación

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Tue Nov 24 01:21:37 GMT 2009


On 23/11/2009, at 12:51, penedo at mail.com wrote:

> 
> Ola a todos!
> Son Pablo, e como suporedes son novo por aquí. Son teleco e, malia que por diversas razóns levaba varios anos case sen utilizar linux, hai un tempo volvín a este mundo da man de Ubuntu. E como parte desta "volta" propúxenme colaborar na localización de software ao galego, algo que tamén comezara hai moito tempo pero que tamén deixara aparcado. E foi aí, consultando en sitios como Mancomún (RIP) cando descubrín este grupo de localización de Ubuntu e decidín pasar á acción comezando por aquí. Así que aquí estou, preparado para comezar a colaborar. E como son novo, agradezo propostas de por onde comezar...
> 
> Un saúdo!
> Pablo.


Benvido Pablo!

Vexo que Fran lle estivo dando duro á Wiki do grupo [1]. Unha das cousas que tamén podes facer é ver se o seu contido e a organización che aclara as cousas, e no caso contrario preguntar o que non entendas ou propoñer melloras (para conseguir que a Wiki sexa amigable cos novos membros).

Un saúdo.
	Felipe.

[1] https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators
	


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list