[Tradutores-Ubuntu] Presentación
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Mon Nov 23 23:05:46 GMT 2009
-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1
> Son Pablo, e como suporedes son novo por aquí. Son teleco e, malia que por diversas razóns levaba varios anos case sen utilizar linux, hai un tempo volvín a este mundo da man de Ubuntu. E como parte desta "volta" propúxenme colaborar na localización de software ao galego, algo que tamén comezara hai moito tempo pero que tamén deixara aparcado. E foi aí, consultando en sitios como Mancomún (RIP) cando descubrín este grupo de localización de Ubuntu e decidín pasar á acción comezando por aquí. Así que aquí estou, preparado para comezar a colaborar. E como son novo, agradezo propostas de por onde comezar...
Ola Pabo,
chegas no momento idóneo, toda axuda é benvida. Como podes comprobar
aquí hai xente con diversos grados de implicación e con todos cruzaraste
nalgun momento xa que estamos supeditados ao tempo libre que nos deixa a
actividade laboral.
Neste grupo e cada vez máis primamos a calidade das traducións, fronte á
cantidade polo que moitas veces estamos falando de "asentar
terminoloxía", homoxeineizar, glosarios, memorias de tradución, etc.
Non te aflixas inicialmente, podes colaborar tranquilamente e de forma
sinxela. Serían ben que leras a parte de lingua do "Manual de
Localización de Software Libre de Mancomún
(https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/554/Manual_localizar_09c.pdf)
e para consultas na tradución podes consultar dicionarios en liña e un
recurso moi moi útil http://open-tran.eu/ que recolle as traducións
feitas nos principais proxectos libres.
Coidado con esta ligazón porque non inclúe moitas das últimas
correccións de estilo que se fixo durante o último ano e pode presentar
disparidades nas posibilidades. Este ano podemos definilo como moi moi
produtivo en canto á localización de software ao galego.
Parvo de min, non me presentei... Son Fran Diéguez actualmente xunto con
Felipe Xil, Miguel Bouzada e Antón Meixome coordinamos o grupo de
localización ao galego. Polo que se tes calquera dúbida xa sabes onde
preguntar. Podes ver os históricos da rolda para ver antigas discusións.
Grazas polo ofrecemento, agardamos te quedes por moito na familia.
Saúdos
- --
Fran Diéguez - http://wiki.ubuntu.com/FranDieguez
http://www.mabishu.com - listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/
iEYEARECAAYFAksLFUoACgkQmLtmJqKk+bgC6gCfTZ1VjSuX98Fy041IyRfTRCf3
YRMAniEo1NQrHi7AX2iNmDyQbr0ccJxP
=Kl+H
-----END PGP SIGNATURE-----
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list