[Tradutores-Ubuntu] Presentación
penedo at mail.com
penedo at mail.com
Mon Nov 23 20:51:19 GMT 2009
Ola a todos!
Son Pablo, e como suporedes son novo por aquí. Son teleco e, malia que por diversas razóns levaba varios anos case sen utilizar linux, hai un tempo volvín a este mundo da man de Ubuntu. E como parte desta "volta" propúxenme colaborar na localización de software ao galego, algo que tamén comezara hai moito tempo pero que tamén deixara aparcado. E foi aí, consultando en sitios como Mancomún (RIP) cando descubrín este grupo de localización de Ubuntu e decidín pasar á acción comezando por aquí. Así que aquí estou, preparado para comezar a colaborar. E como son novo, agradezo propostas de por onde comezar...
Un saúdo!
Pablo.
=
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list