[Tradutores-Ubuntu] Planificación
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Mon Nov 9 14:12:27 GMT 2009
>>>>> Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas
>>>>> posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De
>>>>> feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro
>>>>> caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo
>>>>> dita mensaxe.
>>>>
>>>> O importante non é tanto un termo como o outro (alomenos no que atinxe a
>>>> este fío), o que é importante é empregar "*sempre o mesmo*" dentro "*dun
>>>> mesmo*" aplicativo. Xa que o paso dun tradutor tras outro fai que cada
>>>> un "incorpore" un novo termo. Por iso "suxiro" que antes de meterse a
>>>> completar unha tradución a analicemos para poder respetar o estilo e non
>>>> incorporar un novo estilo :)
>>>
>>> É importante se queremos reaproveitar as traducións dun proxecto para
>>> traducir mellor e máis rápido outro diferente.
>>
>> Se cadra non era mala idea facer un documento, por cada aplicativo,
>> onde se describa que estilo se empregará no mesmo. Para iso habería
>> que aclarar cales son os aspectos a constatar no mesmo (ante todo,
>> terminoloxía, e cantas palabras dentro deste apartado deben ser
>> definidas -fiestra/xanela, amosar/mostrar, computadora/máquina/host/,
>> ...-, pero tamén gramática, por exemplo, co estilo preferido para as
>> perífrases verbais e a colocación do pronome, o estilo dos artigos
>> -ligados ou desligados, en contracción coma "ó" ou coma "ao", ...-),
>> tendo en conta, tamén, que xa hai unha regras de estilo, acordadas de
>> antemán, para todas as traducións. Ou igual estou sendo demasiado
>> esaxerado, porque moito definir pode ser patolóxico (por dicir algo,
>> podería ser mellor deixar liberdade na colocación do pronome, xa que
>> non supón ningún problema real).
>
> En Ubuntu, neste momento só son 1601 ficheiros....
>
> Se te animas a comezar, daremosche moitos, algo así como 1601, para que o
> fagas :)
>
> Fora coñas, iso creo que é excesivo, só que cando alguen se poña a
> incorparar unha(s poucas) liña(s) revise os termos conflictivos e sobre iso
> si que se pode facer unha pequena (ou non tanto) táboa.
Se facemos unhas normas, guía de estilo, terminoloxía, o axeitado é
que se usen en todas partes igual, na medida do posible.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list