[Tradutores-Ubuntu] Planificación

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Mon Nov 9 13:21:29 GMT 2009


2009/11/9 Román <roman.pena.perez at gmail.com>

> 2009/11/9 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
> >>> Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas
> >>> posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De
> >>> feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro
> >>> caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo
> >>> dita mensaxe.
> >>
> >> O importante non é tanto un termo como o outro (alomenos no que atinxe a
> >> este fío), o que é importante é empregar "*sempre o mesmo*" dentro "*dun
> >> mesmo*" aplicativo. Xa que o paso dun tradutor tras outro fai que cada
> un
> >> "incorpore" un novo termo. Por iso "suxiro" que antes de meterse a
> completar
> >> unha tradución a analicemos para poder respetar o estilo e non
> incorporar un
> >> novo estilo :)
> >
> > É importante se queremos reaproveitar as traducións dun proxecto para
> > traducir mellor e máis rápido outro diferente.
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
>  Se cadra non era mala idea facer un documento, por cada aplicativo,
> onde se describa que estilo se empregará no mesmo. Para iso habería
> que aclarar cales son os aspectos a constatar no mesmo (ante todo,
> terminoloxía, e cantas palabras dentro deste apartado deben ser
> definidas -fiestra/xanela, amosar/mostrar, computadora/máquina/host/,
> ...-, pero tamén gramática, por exemplo, co estilo preferido para as
> perífrases verbais e a colocación do pronome, o estilo dos artigos
> -ligados ou desligados, en contracción coma "ó" ou coma "ao", ...-),
> tendo en conta, tamén, que xa hai unha regras de estilo, acordadas de
> antemán, para todas as traducións. Ou igual estou sendo demasiado
> esaxerado, porque moito definir pode ser patolóxico (por dicir algo,
> podería ser mellor deixar liberdade na colocación do pronome, xa que
> non supón ningún problema real).
>

En Ubuntu, neste momento só son 1601 ficheiros....

Se te animas a comezar, daremosche moitos, algo así como 1601, para que o
fagas :)

Fora coñas, iso creo que é excesivo, só que cando alguen se poña a
incorparar unha(s poucas) liña(s) revise os termos conflictivos e sobre iso
si que se pode facer unha pequena (ou non tanto) táboa.


>
>  Román
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino at conf.jabberes.org


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list