[Tradutores-Ubuntu] Planificación

Román roman.pena.perez at gmail.com
Mon Nov 9 13:12:09 GMT 2009


2009/11/9 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
>>> Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas
>>> posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De
>>> feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro
>>> caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo
>>> dita mensaxe.
>>
>> O importante non é tanto un termo como o outro (alomenos no que atinxe a
>> este fío), o que é importante é empregar "*sempre o mesmo*" dentro "*dun
>> mesmo*" aplicativo. Xa que o paso dun tradutor tras outro fai que cada un
>> "incorpore" un novo termo. Por iso "suxiro" que antes de meterse a completar
>> unha tradución a analicemos para poder respetar o estilo e non incorporar un
>> novo estilo :)
>
> É importante se queremos reaproveitar as traducións dun proxecto para
> traducir mellor e máis rápido outro diferente.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>

 Se cadra non era mala idea facer un documento, por cada aplicativo,
onde se describa que estilo se empregará no mesmo. Para iso habería
que aclarar cales son os aspectos a constatar no mesmo (ante todo,
terminoloxía, e cantas palabras dentro deste apartado deben ser
definidas -fiestra/xanela, amosar/mostrar, computadora/máquina/host/,
...-, pero tamén gramática, por exemplo, co estilo preferido para as
perífrases verbais e a colocación do pronome, o estilo dos artigos
-ligados ou desligados, en contracción coma "ó" ou coma "ao", ...-),
tendo en conta, tamén, que xa hai unha regras de estilo, acordadas de
antemán, para todas as traducións. Ou igual estou sendo demasiado
esaxerado, porque moito definir pode ser patolóxico (por dicir algo,
podería ser mellor deixar liberdade na colocación do pronome, xa que
non supón ningún problema real).

 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list