[Tradutores-Ubuntu] Planificación

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Sun Nov 8 08:35:27 GMT 2009


Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do dito,
xa que concordo con todo, senon que quero engadir.

Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os
paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que estabelece
Ubuntu.
Revixei xa:
bootloader - 76 liñas
e estou a rematar (faltanme +/- 400)
debian-instaler - 1596 liñas

Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a
debian coas modificacións que ten unha respecto da outra.

Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións actualmete, a
falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío que
abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo ficheiro
se emprega de xeito aleatorio cousas como
atopar-achar-encontrar
buscar-procurar-pescudar
mostrar-amosar
trocar-cambiar-mudar
arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña)

Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas lingüisticas, así
que tocarános "muxir" :-) ben a Antón.

Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non
incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de formas
verbais compostas
LILO ha tomar o control completo
Para se defender contra isto
o sistema instalado non se ha iniciar
Pode ser porque decidiu non o facer
Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas
modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal
Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar.
Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar
Esta información hase empregar
Ha ter que indicar un contrasinal para
que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a
posibilidade de se facer root

Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da tradución,
este emprego de formas con infinitivo desespera a ún (alomenos a min) e
fanse cousas como:

paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas que
poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo.

o lóxico sería ... para instalalo. Este....

ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir

Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final xa que
senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle noto eu a
estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso devira
nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero resultame moi
de "papa mira lo que aprendí en el cole". :)

Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia,
revisando estas cousas.


2009/11/8 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>

> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
> Hash: SHA1
>
> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> > Boas xente,
> >
> > Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a
> > tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo,
> > sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e
> > así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non?
> Bo comezo
> >
> > Cousas que apoiarían esta decisión:
> > - Será unha LTS
> > - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles
> > de homoxeneización, calidade, etc, etc
> Hurra!
> >
> > Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes:
> > - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións,
> > expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e
> > bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje
> Estou de acordo
> > - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as
> > importacións/conxelacións/como lle chamen a iso.
> Aleluia non son o único que o dí!
> > - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que
> > se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia",
> > "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos,
> > poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse
> > de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil),
> >
> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con
> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto para
> atopar e resolver bugs é moi produtivo.
>
> Nese sentido podemos aplicar o mesmo.
>
> > Cousas que seguramente resultarían máis complicadas:
> > - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo
> > estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream,
> > sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa
> > en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"...
>
> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha
> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das
> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa
> documentación ata ter este primeiro paso feito.
>
> >
> > Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez?
> > Comentarios?
> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de
> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para ir
> adecuando o noso calendario a ditos fitos.
> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos estar
> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia,
> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección.
>
> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se podo
> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de
> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer e
> se me pode dar ben.
>
> Suxestións?
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/
>
> iEYEARECAAYFAkr2Mb8ACgkQmLtmJqKk+bgawQCdHA1Pje8xIHAGy4O0Xpxnv0XV
> e8gAnR3BDZOW0HHZt9W2pRR0E6Kuz230
> =8djb
> -----END PGP SIGNATURE-----
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_minino at conf.jabberes.org


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list