[Tradutores-Ubuntu] Planificación

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Sun Nov 8 02:49:35 GMT 2009


-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
> Boas xente,
> 
> Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a
> tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo,
> sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e
> así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non?
Bo comezo
> 
> Cousas que apoiarían esta decisión:
> - Será unha LTS
> - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles
> de homoxeneización, calidade, etc, etc
Hurra!
> 
> Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes:
> - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións,
> expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e
> bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje
Estou de acordo
> - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as
> importacións/conxelacións/como lle chamen a iso.
Aleluia non son o único que o dí!
> - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que
> se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia",
> "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos,
> poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse
> de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil),
> 
Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con
"Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto para
atopar e resolver bugs é moi produtivo.

Nese sentido podemos aplicar o mesmo.

> Cousas que seguramente resultarían máis complicadas:
> - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo
> estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream,
> sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa
> en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"...

Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha
revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das
traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa
documentación ata ter este primeiro paso feito.

> 
> Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez?
> Comentarios?
Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de
conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para ir
adecuando o noso calendario a ditos fitos.
O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos estar
moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia,
etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección.

Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se podo
escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de
aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer e
se me pode dar ben.

Suxestións?
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAkr2Mb8ACgkQmLtmJqKk+bgawQCdHA1Pje8xIHAGy4O0Xpxnv0XV
e8gAnR3BDZOW0HHZt9W2pRR0E6Kuz230
=8djb
-----END PGP SIGNATURE-----



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list