[Tradutores-Ubuntu] Planificación
José Manuel Castroagudín Silva
chavescesures at gmail.com
Sun Nov 8 00:48:51 GMT 2009
Boas xente,
Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a
tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo,
sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e
así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non?
Cousas que apoiarían esta decisión:
- Será unha LTS
- Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles
de homoxeneización, calidade, etc, etc
Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes:
- Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións,
expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e
bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje
- Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as
importacións/conxelacións/como lle chamen a iso.
- Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que
se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia",
"mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos,
poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse
de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil),
Cousas que seguramente resultarían máis complicadas:
- Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo
estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream,
sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa
en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"...
Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez?
Comentarios?
--
Saúde,
Chaves - http://chav.es
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list