[Tradutores-Ubuntu] Planificación

Xosé Antonio Rubal López xarubal at gmail.com
Sun Nov 8 09:16:46 GMT 2009


Ola,

Moi interesante a mensaxe, levanta debates moi interesante. En todo
caso a min paréceme que mestura cuestións de distinta orde:

1) Consistencia na denominación de accións frecuentes, que deberían
estar estandarizadas:

atopar-achar-encontrar
buscar-procurar-pescudar
mostrar-amosar
trocar-cambiar-mudar
arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña)

Nada que obxectar á proposta de fixalas. Supoño que non será fácil se
as traducións veñen de proxectos distintos...

2) Construcións barrocas ou inusuais. Aquí o terreo é máis esvaradizo.
De acordo que ás veces nos pasamos facendo frases enrevesadas que eu
atribúo moitas veces a facer calcos do inglés (esas infumables
construcións en pasiva que sempre se nos colan aínda que esteamos
atentos...) ou reproducir traducións literais do inglés cando a
redacción en inglés xa é penosa.

Outra cousa é chamarlle raro ao uso de haber + infintivo ou haber +
preposición + infinitivo para indicar futuro. Iso non é raro, é
galego. O mesmo se podería dicir cando introducimos o uso do
infinitivo flexionado ou do futuro de subxuntivo.

Aquí hai dous elementos que están en tensión: modelo de lingua e
naturalidade e equilibrio na expresión. Eu apoio un modelo de lingua
rico onde teñen cabida eses trazos diferenciais do galego. Dito isto
non hai que pasarse e ser naturais, na mesma oración poden mesturarse
varias destas formas sen que pase nada. Exemplo:

* Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar
* Só ha ter que facer isto unha vez. Isto permitiralle empregar

Reflexión final: non deberíamos caer na tentación de sistematizar a
tradución igual que se sistematiza a programación. Non é o mesmo
traducir que codificar.

Conclusión: ben polo da equipa de revisión pero ollo cos criterios!!!!!

2009/11/8 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> Perdodade que faga Top Posting, pero como no vou a replicar a nada do dito,
> xa que concordo con todo, senon que quero engadir.
>
> Comecei estes días a revisar, liña por liña, palabra por palabra, os
> paquetes actualmente en karmic seguindo a orde de prioridade que estabelece
> Ubuntu.
> Revixei xa:
> bootloader - 76 liñas
> e estou a rematar (faltanme +/- 400)
> debian-instaler - 1596 liñas
>
> Unha vez que remate esta revisión pasareilla a marce para que a suba a
> debian coas modificacións que ten unha respecto da outra.
>
> Aquí é onde está un dos problemas máis grandes nas traducións actualmete, a
> falta de consistencia, xa que nesta última atopei o que deu pé ó fío que
> abrin resprcto de "Afacer cocido", así como que dentro dese mesmo ficheiro
> se emprega de xeito aleatorio cousas como
> atopar-achar-encontrar
> buscar-procurar-pescudar
> mostrar-amosar
> trocar-cambiar-mudar
> arrancar-arrincar (as veces as dúas na mesma liña)
>
> Sei que este traballo debe dar pé a determinadas consultas lingüisticas, así
> que tocarános "muxir" :-) ben a Antón.
>
> Outra das cousas que atopei é unha construcción do máis barroco, non
> incorrecto, pero de complexa lectura, utización até o paroxismo de formas
> verbais compostas
> LILO ha tomar o control completo
> Para se defender contra isto
> o sistema instalado non se ha iniciar
> Pode ser porque decidiu non o facer
> Cando o ordenador arranque, ha poder iniciar un destes sistemas
> modificar o sector mestre de arranque ha facer que, de xeito temporal
> Ao rematar a instalación, o sistema hase reiniciar.
> Só ha ter que facer isto unha vez. Isto halle permitir empregar
> Esta información hase empregar
> Ha ter que indicar un contrasinal para
> que "root" se conecte hase crear unha conta de usuario que ha ter a
> posibilidade de se facer root
>
> Isto anterior, ainda que correcto, cando forma parte o groso da tradución,
> este emprego de formas con infinitivo desespera a ún (alomenos a min) e
> fanse cousas como:
>
> paquetes estándar para o instalar. Este software ten varias licenzas que
> poden impedirlle empregalo, modificalo ou compartilo.
>
> o lóxico sería ... para instalalo. Este....
>
> ou ... impedirlle o empregar, o modificar, ou o compartir
>
> Queda claro que neste caso optouse por ser máis lóxico na frase final xa que
> senón a construcción notase moi artificial. Pois iso é o que lle noto eu a
> estas traduccións, que son moi forzadas, pouco naturais e se iso devira
> nunha construcción rica, literariamente falando, benvida, pero resultame moi
> de "papa mira lo que aprendí en el cole". :)
>
> Polo que propoño que exista un "equipiño" para ir así, con paciencia,
> revisando estas cousas.
>
>
> 2009/11/8 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
>
>> -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
>> Hash: SHA1
>>
>> José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>> > Boas xente,
>> >
>> > Ándame dando voltas pola cabeza ultimamente unha idea, que pode soar a
>> > tolemia, pero que penso que pode ser interesante tratar. En resumo,
>> > sería deixar de traballar xa en Karmic (salvo correccións de erros e
>> > así), e ir pensando xa en... Lucid? Lucid Lynx, non?
>> Bo comezo
>> >
>> > Cousas que apoiarían esta decisión:
>> > - Será unha LTS
>> > - Teremos máis tempo para traballar e organizarnos, e pulir detalles
>> > de homoxeneización, calidade, etc, etc
>> Hurra!
>> >
>> > Cousas que poderiamos facer se empezamos canto antes:
>> > - Sacar unha nota en cantos máis sitios mellor, pedindo colaboracións,
>> > expoñendo o "plan", e mencionando as vantaxes de empezar canto antes e
>> > bla bla bla. Aproveitar mentres exista Mancomún, jejeje
>> Estou de acordo
>> > - Traballar sobre todo no upstream, con tempo de ter en conta as
>> > importacións/conxelacións/como lle chamen a iso.
>> Aleluia non son o único que o dí!
>> > - Organizar "miniequipos": se cadra resulta interesante ter xente que
>> > se ocupe de "aplicativos en consola", "aplicativos multimedia",
>> > "mensaxería". Aínda que fósemos os mesmos en todos os equipos,
>> > poderíamos, eu que sei, dedicarlle unha semana a unha cousa, poñerse
>> > de acordo en termos (falando no mesmo ámbito, sería máis fácil),
>> >
>> Moi boa idea JMCS! Coido que o esquema que seguen os de ubuntu con
>> "Ubuntu Bug Squad" que adica unha semana a unha sección en concreto para
>> atopar e resolver bugs é moi produtivo.
>>
>> Nese sentido podemos aplicar o mesmo.
>>
>> > Cousas que seguramente resultarían máis complicadas:
>> > - Seguramente habería máis traballo de coordinación. Non é o mesmo
>> > estar pendentes de datas de importacións, traballar no upstream,
>> > sincronizar os "miniequipos (se os houbera)... que coller o que haxa
>> > en Launchpad, e traducilo alí repartindo o traballo "al vuelo"...
>>
>> Como intúo podes saber, en gnome estamos a facer (Viva Méixome) unha
>> revisión completa. Pensamos que debemos priorizar a calidade das
>> traducións fronte á cantidade e por iso non imos comezar coa
>> documentación ata ter este primeiro paso feito.
>>
>> >
>> > Total. o de sempre: opinións? estou dicindo unha burrada outra vez?
>> > Comentarios?
>> Totalmente de acordo. Temos que ver primeiro cales son as datas de
>> conxelación de todos os proxectos... GNOME, firefox, etc etc... para ir
>> adecuando o noso calendario a ditos fitos.
>> O seguinte paso é crear grupos de traballo, que como ben dis imos estar
>> moita xente en varios, e grupos de aplicativos (consola, multimedia,
>> etc) para asignar consecuentemente recursos de persoal a cada sección.
>>
>> Eu o da redacción da nota de prensa non me gustaría levalo, aka se podo
>> escaquearme xenial, pola contra mirar un pouco o dos grupos de
>> aplicativos a priorizar e ir estudando a planificación si o podo facer e
>> se me pode dar ben.
>>
>> Suxestións?
>> - --
>> Fran Diéguez
>> http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
>> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>>
>>
>> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
>> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
>> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/
>>
>> iEYEARECAAYFAkr2Mb8ACgkQmLtmJqKk+bgawQCdHA1Pje8xIHAGy4O0Xpxnv0XV
>> e8gAnR3BDZOW0HHZt9W2pRR0E6Kuz230
>> =8djb
>> -----END PGP SIGNATURE-----
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
> --
> Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
> (ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_minino at conf.jabberes.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Saúdos,

Xosé Antonio Rubal.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list