[Tradutores-Ubuntu] Dúbidas en app-install-data
damufo
damufo at gmail.com
Thu May 14 07:30:21 BST 2009
Leandro Regueiro escribiu:
>> - 1168: "Simple GTK2 color selector and picker". Nos glosarios
>> selector and picker tradúcense os dous por "selector". Algún outro
>> sinónimo?
>
> Usa selector.
>
>> - 1198: "Display disk space using tree maps", é a descrición de
>> Graphical Disk Map, unha utilidade que representa en cadradiños o
>> espazo que ocupan os directorios e arquivos. "Tree map" debe facer
>> referencia ao algoritmo co que se determina a disposición e tamaño dos
>> cadrados, non a que a representación gráfica sexa un diagrama en
>> árbore. Algunha suxestión de como se chama o algoritmo en galego?
>> Senón deixamos tree map para que se recoñeza o algoritmo...
>
> Para min que "tree map" é o que é, unha árbore.
>
>> - 1214: "peercast P2P streaming network", como estamos traducíndo streaming?
>
> de fluxo, pero igual é mellor non facer unha tradución directa.
>
>
>> - 1320: "mapages", hai algunha tradución acuñada? Páxinas do manual?
>> Páxinas man?
>
> páxinas man pode valer
non sería mellor
mapages -> "manual" ou Páxinas do manual, o que non vexo é o de Páxinas
"man"
>
>> - 1336: jukebox -> gramola?
>
> nunca antes o vira.
>
>> - 1371: "A two paned file manager?" Xestor de ficheiros divido en dous
>> paneis? En dúas seccións?
>
> con dous paneis.
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list