[Tradutores-Ubuntu] Traducción SL

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Wed May 13 10:08:56 BST 2009


Jajaja, este Leandro sempre tan directo ;-). Creo que se refire a que se
dentro de tres meses continúas traducindo, que seguramente queiras pasar
a traballar directamente no "upstream" en vez de traballar na
distribución, é dicir, traducir as aplicacións e mandándolle o resultado
aos desenvolvedores de cada aplicación ou á persoa encargada de realizar
a coordinación para o galego (como sería no caso das aplicacións de
Gnome e KDE).

Un saúdo.
    Felipe.


ÁLEX M. G. wrote:
> A que te refires con "Se pasas a criba dos tres meses quizais che poida interesar máis (nun futuro) traducir noutro sitio que non sexa no Launchpad"?
>
> Un saúdo 
>
>   
>> Date: Tue, 12 May 2009 12:57:46 +0200
>> From: leandro.regueiro at gmail.com
>> To: ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>> Subject: Re: [Tradutores-Ubuntu] Traducción SL
>>
>>     
>>>> Nas mencionadas condicións tamén lin que hai que enviar unha mostra de
>>>> traducción dunhas 100 cadeas, e a verdade e que todas as que traducimos no
>>>> citado cursiño non as conservo... É preciso traducir outras diferentes?
>>>>         
>>> Coido que se refire a 100 cadeas traducidas en Launchpad sen problemas.
>>>
>>>       
>>>> O tema da localización paréceme moi interesante (estudo Enxeñaría Técnica
>>>> Informática) e gustaríame colaborar aportando o meu gran de area.
>>>>         
>>> Benvida!
>>>       
>> Se pasas a criba dos tres meses quizais che poida interesar máis (nun
>> futuro) traducir noutro sitio que non sexa no Launchpad.
>>
>> Ata logo,
>>                       Leandro Regueiro
>>     




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list