[Tradutores-Ubuntu] Traducción SL
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Wed May 13 10:59:08 BST 2009
>>>>> Nas mencionadas condicións tamén lin que hai que enviar unha mostra de
>>>>> traducción dunhas 100 cadeas, e a verdade e que todas as que traducimos no
>>>>> citado cursiño non as conservo... É preciso traducir outras diferentes?
>>>>
>>>> Coido que se refire a 100 cadeas traducidas en Launchpad sen problemas.
>>>>
>>>>> O tema da localización paréceme moi interesante (estudo Enxeñaría Técnica
>>>>> Informática) e gustaríame colaborar aportando o meu gran de area.
>>>>
>>>> Benvida!
>>>
>>> Se pasas a criba dos tres meses quizais che poida interesar máis (nun
>>> futuro) traducir noutro sitio que non sexa no Launchpad.
>>
>> A que te refires con "Se pasas a criba dos tres meses quizais che poida
>> interesar máis (nun futuro) traducir noutro sitio que non sexa no Launchpad"?
>
> Jajaja, este Leandro sempre tan directo ;-). Creo que se refire a que se
> dentro de tres meses continúas traducindo, que seguramente queiras pasar
> a traballar directamente no "upstream" en vez de traballar na
> distribución, é dicir, traducir as aplicacións e mandándolle o resultado
> aos desenvolvedores de cada aplicación ou á persoa encargada de realizar
> a coordinación para o galego (como sería no caso das aplicacións de
> Gnome e KDE).
Máis ou menos referiame a iso, e tamén á teoría de Marce de que se un
novo tradutor aguanta tres meses é case seguro que siga durante uns
anos, polo que non me parece moi intelixente proporlle isto a alguén
que en tres meses non vaia estar aquí.
Ata logo,
Leandro Regueiro
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list