[Tradutores-Ubuntu] Que traducir?

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Tue May 12 12:10:07 BST 2009


>> De acordo, apúntome a esta tradución. Propón ti un rango de liñas xa
>> que comezaches e sabes por onde vas e xa me poño.
>
> Propoño que comeces na liña 1000, así imos cada un de mil en mil.
>
> Suxiroche que antes votes unha ollada a tradución ó castelán, máis que nada
> para que teñas máis claro cal é o "criterio Ubuntu" especialmente no que
> atinxe a NON tradución do nome dos programas.
> Outra cousa importante, ou iso creo eu, é que en moitos casos as
> descripcións hai que "redactalas de novo" xa que a tradución (mais ou menos)
> literal as veces deven en algo inintelixible (as veces axuda ver a web do
> proxecto particular da aplicación de referencia). Tamén ter en conta cousas
> como "plugin → complemento", ollo as extensions e ós complementos que as
> veces liámonos :-) e tamén "widget → trebello" (ver o glosario de trasno) as
> veces widget traducese tamén por "mini aplicación".

Oi, e dende cando "widget" se traduciu como "miniaplicación" e como
"trebello"? A ver non te me lies: "widget" = "trebello" nalgúns
contextos moi específicos, e normalmente para o ámbito da gui non ten
aínda tradución decidida e as propostas que hai poden ser "elemento da
interface", "widget"... Creo que te estás a trabucar con "applet" que
si se traduce coma "miniaplicación" (normalmente) e como "trebello"
nun contexto moi específico.

As memorias de tradución pódesllas pedir outra vez a quen chas pasou.

Respecto dos glosarios aconsélloche que consultes primeiro o de Trasno
e despois o de Mancomún. Estamos vendo de intentar fusionar estes dous
glosarios con outros moitos que hai por aí (xa levo atopados unha
ducia que aínda se poden atopar e media ducia que xa non se atopan).

Ata logo,
                    Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list