[Tradutores-Ubuntu] engadila
damufo
damufo at gmail.com
Mon Apr 13 08:55:52 BST 2009
Adrián Chaves Fernández escribiu:
>> Na wikipedia
>> http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Pronomes#15._Pro
>> nomes
>>
>> *As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais) son
>> variantes combinatorias, de maneira que cada unha delas aparece nuns
>> contextos fonéticos específicos en que non poden aparecer as outras: lo
>> úsase cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o
>> participio) ou pronominal rematada en -s ou -r (coller - collelo, colles -
>> cóllelo) e tras o adverbio **u (antes ***ub: **ulo?); **no úsase tras as
>> formas verbais rematadas en ditongo (**estou - estouno facendo;fai - faino;
>> dei - deina; deixou - deixouna); **o, en fin, úsase en todos os outros
>> casos (**collo - cólloo, collín - collino, fan - fano, non vexo - non o
>> vexo, mal vexo - mal o vexo, etc.).*
>>
>> coller → collelo
>> engadir → engadilo
>> *As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais)* neste
>> caso "*la*"
>> Gostaríame que os que sodes lingüistas, ou tan só máis sabidos ca min,
>> poidades clarexar isto.
>
> Pero é que no caso de antes non se trataba dun "la" pronome, senón artigo,
> coma en "tes que colle-la entrada/coller a entrada", que non é o mesmo que,
> nun contexto en que xa se mencionou "a entrada", dicir "tes que collela".
>
A iso mesmo me refería, "non é pronome" por iso entendo que non é correcto:
Pode activala súa conexión premendo nesta icona.
Eu entendo que as opcións correctas serían:
Pode activa-la súa conexión premendo nesta icona.
Pode activar a súa conexión premendo nesta icona. (a que eu prefiro)
Pode activala premendo nesta icona. (esta non se entendería tanto pero
la si é pronome neste caso)
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list