[Tradutores-Ubuntu] engadila
Adrián Chaves Fernández
adriyetichaves at gmail.com
Wed Apr 8 18:58:05 BST 2009
> Na wikipedia
> http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Pronomes#15._Pro
>nomes
>
> *As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais) son
> variantes combinatorias, de maneira que cada unha delas aparece nuns
> contextos fonéticos específicos en que non poden aparecer as outras: lo
> úsase cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o
> participio) ou pronominal rematada en -s ou -r (coller - collelo, colles -
> cóllelo) e tras o adverbio **u (antes ***ub: **ulo?); **no úsase tras as
> formas verbais rematadas en ditongo (**estou - estouno facendo;fai - faino;
> dei - deina; deixou - deixouna); **o, en fin, úsase en todos os outros
> casos (**collo - cólloo, collín - collino, fan - fano, non vexo - non o
> vexo, mal vexo - mal o vexo, etc.).*
>
> coller → collelo
> engadir → engadilo
> *As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais)* neste
> caso "*la*"
> Gostaríame que os que sodes lingüistas, ou tan só máis sabidos ca min,
> poidades clarexar isto.
Pero é que no caso de antes non se trataba dun "la" pronome, senón artigo,
coma en "tes que colle-la entrada/coller a entrada", que non é o mesmo que,
nun contexto en que xa se mencionou "a entrada", dicir "tes que collela".
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list