[Tradutores-Ubuntu] engadila
Miguel Bouzada
mbouzada at gmail.com
Wed Apr 8 18:44:14 BST 2009
Na wikipedia
http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Pronomes#15._Pronomes
*As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais) son
variantes combinatorias, de maneira que cada unha delas aparece nuns
contextos fonéticos específicos en que non poden aparecer as outras: lo
úsase cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o participio)
ou pronominal rematada en -s ou -r (coller - collelo, colles - cóllelo) e
tras o adverbio **u (antes ***ub: **ulo?); **no úsase tras as formas verbais
rematadas en ditongo (**estou - estouno facendo;fai - faino; dei - deina;
deixou - deixouna); **o, en fin, úsase en todos os outros casos (**collo -
cólloo, collín - collino, fan - fano, non vexo - non o vexo, mal vexo - mal
o vexo, etc.).*
coller → collelo
engadir → engadilo
*As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais)* neste
caso "*la*"
Gostaríame que os que sodes lingüistas, ou tan só máis sabidos ca min,
poidades clarexar isto.
M B
--
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list