[Tradutores-Ubuntu] Ubuntu-l10n-gl Digest, Vol 32, Issue 3

damufo damufo at gmail.com
Wed Apr 8 18:16:44 BST 2009



Julio Pedreira Paz escribiu:
> Ola a todos,
> 
> Que saibades que eu rematei o COU no 97. Sobre o guión... era normativo
> antes do 2003, tereino en conta en futuras traducións. Tamén as convencións
> (¿onde podo ve-las?).
> 
> Sobre as correccións en concreto, recoñezo que nunha das frases puxen
> "error" (en tódalas demais puxen "erro"); tamén puxen icono, pero enseguida
> engadín outra suxerencia corrixida, e tamén é certo que esquecín poñer "a"
> diante de seguridade.
> 
> 
> Non comprendo por que corrixes "non se puido engadir a conexión "por Non se
> puido *engadila*...". Se é nunha frase negativa, ¿non é correcto?
eu neste contexto non vexo correcto o "la" de "engadila" para poñelo sen 
guión senon me erro ten que ser un pronome e neste caso é artigo polo 
que ou tería que ser "-la" ou separado "a"
non se puido engadir a conexión
ou
non se puido engadi-la conexión
mellor dito
Non foi posíbel engadir a conexión
ou
Non foi posíbel engadi-la conexión

para usar engadila entendo que habería de ser
Non foi posíbel engadila. (este "la" é pronome)


> 
> Unha vez dito isto, podo aceptar correccións que non sexan normativas hoxe
> ou sobre as que haxa convenio pero sobre as preferencias persoais de cada
> quen... (p.ex. "posíbel"...)
> 
> Mirade, xa traducín unhas 70 frases. Decídeme se queredes que continúe no
> proxecto ou dedique os esforzos a outros proxectos da comunidade Ubuntu onde
> poida ser máis útil.
> 
Toda axuda é benvida.
> 
> Moitas gracias e un saúdo.
> 
> 
> PD: ¿Non se pode por a lista na codificación correcta para que non se
> cambien os acentos e eñes por signos de interrogación?



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list