[Tradutores-Ubuntu] engadila

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Mon Apr 13 09:00:59 BST 2009


Gracias a todos, así xa me queda máis claro :)

2009/4/13 damufo <damufo at gmail.com>

>
>
>
> Adrián Chaves Fernández escribiu:
> >> Na wikipedia
> >>
> http://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego_-_Pronomes#15._Pro
> >> nomes
> >>
> >> *As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais) son
> >> variantes combinatorias, de maneira que cada unha delas aparece nuns
> >> contextos fonéticos específicos en que non poden aparecer as outras: lo
> >> úsase cando o pronome é enclítico dunha forma verbal (excluído o
> >> participio) ou pronominal rematada en -s ou -r (coller - collelo, colles
> -
> >> cóllelo) e tras o adverbio **u (antes ***ub: **ulo?); **no úsase tras as
> >> formas verbais rematadas en ditongo (**estou - estouno facendo;fai -
> faino;
> >> dei - deina; deixou - deixouna); **o, en fin, úsase en todos os outros
> >> casos (**collo - cólloo, collín - collino, fan - fano, non vexo - non o
> >> vexo, mal vexo - mal o vexo, etc.).*
> >>
> >> coller → collelo
> >> engadir → engadilo
> >> *As formas o, **lo e **no (cos correspondentes femininos e plurais)*
> neste
> >> caso "*la*"
> >> Gostaríame que os que sodes lingüistas, ou tan só máis sabidos ca min,
> >> poidades clarexar isto.
> >
> > Pero é que no caso de antes non se trataba dun "la" pronome, senón
> artigo,
> > coma en "tes que colle-la entrada/coller a entrada", que non é o mesmo
> que,
> > nun contexto en que xa se mencionou "a entrada", dicir "tes que collela".
> >
> A iso mesmo me refería, "non é pronome" por iso entendo que non é correcto:
>
> Pode activala súa conexión premendo nesta icona.
>
> Eu entendo que as opcións correctas serían:
>
> Pode activa-la súa conexión premendo nesta icona.
> Pode activar a súa conexión premendo nesta icona. (a que eu prefiro)
> Pode activala premendo nesta icona. (esta non se entendería tanto pero
> la si é pronome neste caso)
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list