[Tradutores-Ubuntu] Saúdos!

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Wed Apr 8 16:10:43 BST 2009


Certamente, hai formas que eu prefiro, por exemplo o enlazado, e moitas
outras cousas coma a contracción ó →ao pero... por mor da normalización
ateñome a elas.

Como aclaración prefiro o termo xanela a ventá, eu traduzo con ventá por
aquelo da uniformidade, así que entendede as miñas "criticas" como
construtivas e pra tratar de "normalizar" ó máximo, e que saibades... non
son lingüista só alguén que procura a mellor comprensión de tódolos textos.

Concordo coa nota de damufo "Non foi posíbel engadir a conexión por mor dun
erro descoñecido."

2009/4/8 Marcos García <marcosgdf at gmail.com>

> Que eu saiba, e coma estudei recientemente, o uso do guión para a 2º forma
> do artigo (a que ten o guión) non está recomendado malia creo que está
> permitido. É mais, sóame mellor con guión que sen el.
> Saúdos dun ex-traductor xD
>
> 2009/4/8 Román <roman.pena.perez at gmail.com>
>
> > 2009/4/8 damufo <damufo at gmail.com>:
> > >
> > >
> > > Miguel Bouzada escribiu:
> > >> Estiven a ver esa tradución e atopo algunhas cousas estrañas
> > >>
> > >> Pode activa-la súa conexión premendo neste icono.
> > >> Conforme a normativa 2003 non se emprega a separación con guión (é un
> > erro
> > >> recurrente) e icona é feminino
> > >>  Pode activala súa conexión premendo nesta icona.
> > >>
> > >> Rede cableada
> > >> Rede inalámbrica
> > >> Conviuse en empregar Rede [con] fíos - Rede sen fíos
> > >>
> > >> Privilexios insuficientes ou error descoñecido ó recuperar os segredos
> > da
> > >> conexión do sistema.
> > >> Debe ser:
> > >> Privilexios insuficientes ou *erro* descoñecido *ao* recuperar os
> > segredos
> > >> da conexión do sistema.
> > >> Tense por convención no usar as contraccións
> > >>
> > >> Tipo de conexión de banda ancha móbil non soportado.
> > >>  O de soportado (é teima miña) queda bastante mal, xa que parece que
> non
> > hai
> > >> dios que o aguante, xa que ó que se refire ... prefiro "non
> compatible",
> > >> "non permitido, "non aceptado" (hai unha discusión sobre o tema na
> lista
> > de
> > >> tradutores de ubuntu-es
> > >>
> > >> Non se puido carga-la interface de usuario para seguridade WiFi; falta
> > >> *o*parámetro WiFi.
> > >>
> > >> Non se puido carga-la interface de usuario para *a* seguridade WiFi.
> > >>
> > >> A petición de autorización PolicyKit foi inválida.
> > >> Citaba Jacobo Tarrio na lista de trasno:
> > >> Un "comando inválido" é un grupo de soldados ou policíasdiscapacitados
> > de
> > >> élite :D
> > >> A petición de autorización PolicyKit *non é válida*.
> > >>
> > >> Non se puido engadir a conexión debido a un erro descoñecido
> > >> Non se puido *engadila* conexión debido a un erro descoñecido
> > > isto no sería mellor:
> > > Non foi posíbel engadir a conexión por mor dun erro descoñecido.
> > > Refírome a "Non foi posíbel engadir a conexión"
> > > o de "por mor..." é outra opción
> > > o de posíbel ou posible tamén é opción
> > > o que non entendo é o de "engadila" ese "la" non me cadra.
> > >
> >
> >   Boas,
> >
> >  Esas son as dúas formas admitidas de escribir un artigo despois dun
> > verbo en infinitivo (ou doutros tempos verbais, coma por exemplo os
> > rematados en s): "engadir a conexión" ou "engadi-la conexión". Segundo
> > teño entendido, a normativa do 2003 recomenda a versión non enlazada,
> > pero igual estou trabucado e agora, directamente, xa non está
> > permitida (o que me parecería fatal, xa que invalida a gramática dunha
> > gran parte da literatura galega dende os séculos escuros ata hoxe,
> > ademais de converter en analfabeta funcional á xeración que debería
> > se-lo maior baluarte da normalización do Galego). Outra cousa é que
> > haxa un pronome: "hay unha conexión e quero engadiLA... busqueiNA pero
> > non A atopei".
> >
> >  Eu, por como pronuncio de forma "natural", prefiro "posible" en
> > lugar de "posíbel", "engadi-la conexión" e non "engadir a conexión",
> > "ó" en lugar de "ao", e se me forzas, "pra" (que non é normativo) en
> > lugar de "para". Pero á hora de traducir entendo que debemos
> > adherirnos a un estándar, especialmente se este coincide coas formas
> > recomendadas na última normativa.
> >
> >  (Por certo, supoño que algún día debería escribi-la miña mensaxe de
> > presentación :-$)
> >
> >  Un saúdo,
> >
> > --
> >           Román
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
>
>
>
> --
> Marcos García - blog.marquitox.net
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list