[Tradutores-Ubuntu] Saúdos!

Marcos García marcosgdf at gmail.com
Wed Apr 8 15:40:41 BST 2009


Que eu saiba, e coma estudei recientemente, o uso do guión para a 2º forma
do artigo (a que ten o guión) non está recomendado malia creo que está
permitido. É mais, sóame mellor con guión que sen el.
Saúdos dun ex-traductor xD

2009/4/8 Román <roman.pena.perez at gmail.com>

> 2009/4/8 damufo <damufo at gmail.com>:
> >
> >
> > Miguel Bouzada escribiu:
> >> Estiven a ver esa tradución e atopo algunhas cousas estrañas
> >>
> >> Pode activa-la súa conexión premendo neste icono.
> >> Conforme a normativa 2003 non se emprega a separación con guión (é un
> erro
> >> recurrente) e icona é feminino
> >>  Pode activala súa conexión premendo nesta icona.
> >>
> >> Rede cableada
> >> Rede inalámbrica
> >> Conviuse en empregar Rede [con] fíos - Rede sen fíos
> >>
> >> Privilexios insuficientes ou error descoñecido ó recuperar os segredos
> da
> >> conexión do sistema.
> >> Debe ser:
> >> Privilexios insuficientes ou *erro* descoñecido *ao* recuperar os
> segredos
> >> da conexión do sistema.
> >> Tense por convención no usar as contraccións
> >>
> >> Tipo de conexión de banda ancha móbil non soportado.
> >>  O de soportado (é teima miña) queda bastante mal, xa que parece que non
> hai
> >> dios que o aguante, xa que ó que se refire ... prefiro "non compatible",
> >> "non permitido, "non aceptado" (hai unha discusión sobre o tema na lista
> de
> >> tradutores de ubuntu-es
> >>
> >> Non se puido carga-la interface de usuario para seguridade WiFi; falta
> >> *o*parámetro WiFi.
> >>
> >> Non se puido carga-la interface de usuario para *a* seguridade WiFi.
> >>
> >> A petición de autorización PolicyKit foi inválida.
> >> Citaba Jacobo Tarrio na lista de trasno:
> >> Un "comando inválido" é un grupo de soldados ou policíasdiscapacitados
> de
> >> élite :D
> >> A petición de autorización PolicyKit *non é válida*.
> >>
> >> Non se puido engadir a conexión debido a un erro descoñecido
> >> Non se puido *engadila* conexión debido a un erro descoñecido
> > isto no sería mellor:
> > Non foi posíbel engadir a conexión por mor dun erro descoñecido.
> > Refírome a "Non foi posíbel engadir a conexión"
> > o de "por mor..." é outra opción
> > o de posíbel ou posible tamén é opción
> > o que non entendo é o de "engadila" ese "la" non me cadra.
> >
>
>   Boas,
>
>  Esas son as dúas formas admitidas de escribir un artigo despois dun
> verbo en infinitivo (ou doutros tempos verbais, coma por exemplo os
> rematados en s): "engadir a conexión" ou "engadi-la conexión". Segundo
> teño entendido, a normativa do 2003 recomenda a versión non enlazada,
> pero igual estou trabucado e agora, directamente, xa non está
> permitida (o que me parecería fatal, xa que invalida a gramática dunha
> gran parte da literatura galega dende os séculos escuros ata hoxe,
> ademais de converter en analfabeta funcional á xeración que debería
> se-lo maior baluarte da normalización do Galego). Outra cousa é que
> haxa un pronome: "hay unha conexión e quero engadiLA... busqueiNA pero
> non A atopei".
>
>  Eu, por como pronuncio de forma "natural", prefiro "posible" en
> lugar de "posíbel", "engadi-la conexión" e non "engadir a conexión",
> "ó" en lugar de "ao", e se me forzas, "pra" (que non é normativo) en
> lugar de "para". Pero á hora de traducir entendo que debemos
> adherirnos a un estándar, especialmente se este coincide coas formas
> recomendadas na última normativa.
>
>  (Por certo, supoño que algún día debería escribi-la miña mensaxe de
> presentación :-$)
>
>  Un saúdo,
>
> --
>           Román
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Marcos García - blog.marquitox.net


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list