[Tradutores-Ubuntu] "Release notes" de Ubuntu
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Wed Oct 29 12:16:58 GMT 2008
Leandro Regueiro escribiu:
>>
>> Non me gusta moito a tradución vinculada por "bonded", pero non atopo
>> outra mellor. "Vincular" é correcto... de feito busquei agora
>> "vencellar" e non aparece no dicionario... ¿sabe alguén se é correcta
>> (eu pensaba que si)?
>>
>
> Respecto a isto supoño que estás establecendo terminoloxía. Non lembro
> ter visto unha tradución sobre isto en ningures. Comprobando no
> open-tran resulta que en opensuse se traduciu como unidas, pero
> descoñezo o contexto. Eu sen contexto teriao traducido coma "ligado".
>
Para aportar o contexto: unha "bonded Ethernet" son varias tarxetas
Ethernet actuando como unha soa.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list